Corallium rubrum Coral, coral vermello | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Detalle dos pólipos cos tentáculos estendidos | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Corallium rubrum (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Corallium rumbrum é unha especie de cnidario antozoo da subclase dos octocoraliarios, orde dos alcionáceos, suborde dos escleraxonios, familia dos coralíidos,[2] unha das sete integrantes do xénero Corallium.[3]
A especie coñéces en galego como coral,[4] e tamén, de acordo coa denominación en varias linguas modernas, como coral vermello, para diferencialo dosutras especies de corais como, por exemplo, o coral azul.
A especie foi descrita en 1758 por Linnaeus, baixo o nome de Madrepora rubra.[2][5]
Para a do xénero, véxase Corallium.
O epíteto específico, rubrum, é o nominativo singular neutro do adxectivo latino ruber, -bra, -brum, "vermello", en alusión á cor do seu esqueleto calcario.
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[6]
Corallium rubrum forma colonias ríxidas, debido ao seu esqueleto interno de carbonato cálcico duro, dun tamaño máximo duns 50 cm, que poden ramificarse en todas as direccións. Os pólipos que as forman teñen cálices curtos e semisféricos, e están distribuídos por todas as ramas. Os pólipos expandidos son brancos, transparentes ou translúcidos, e con 8 tentáculos, ao redor da boca, plumosos, con pínnulas finas, sen escleritos. Os pólipos retráense dentro dos cálices unha vez que capturan ás súas presas. As espículas calcarias (escleritos) do esqueleto, radialmente simétricas, son verrugosas con forma de barra curta. A cor do esqueleto é frecuentemente vermella, máis ou menos escura, e ás veces rosa ou mesmo branca.[6]
Esta especie habita adherida a substratos rochosos escarpados submareais caracterizados por teren condiciónes de luz tenue, a de 5 a 800 m de profundidade,[7][8] aínda que a maioría das súas poboacións encóntranse entre os 30 e os 150 m.[1]
As poboacións de coral vermello distribúense polo Mediterráneo, desde Grecia e Tunisia até o estreito de Xibraltar, incluíndo Córsega, Sardeña e Sicilia, e polo Atlántico oriental, nas costas do sur de Portugal, Marrocos, as Canarias e Cabo Verde.[6] No mar Adriático e o Mediterráneo central, as poboacións son comúns, mentres que no Mediterráneo oriental son moito menos abundantes e viven en hábitats máis profundos; a súa presenza é incierta e/ou non confirmada en Turquía, Siria, Líbano e Israel.[9]. A pesar da ampla área de dispersión da especie, a súa distribución é moi irregular.[1]
Coralllium rubrum convive cunha rica fauna de invertebrados bentónicos, como outras especies de antozoos (gorgonias e corais) e esponxas, e con algas calcarias.[10] É unha especie emblemática dos conxuntos coralíxenos mediterráneos, así como nas covas semiescuras, onde pode encontrarse abundantemente.[1]
O coral vermello é unha especie gonocórica (a nivel de colonia e pólipo) e iterópara.[11] A maduración das gónadas dura ao redor de un ano nos machos e dous nas femias.[12] [13][14][15] A fecundación é interna e prodúcese a finais da primavera e principios do verán. O coral vermello incuba as larvas internamente durante uns 30 días, e as larvas maduras libéranse desde finais de xuño e durante todo o mes de xullo. Recientemente confirmouse que o rendemento reprodutivo sexual avaliado das colonias de coral vermello, entre os 50 e os 130 m de profundidade, que o ciclo de maduración das femias a estas profundidades termina en pleno verán, así como nas poboacións máis superficiais.[16]
A madurez sexual alcánzase en animais con pólipos relativamente pequenos (ao redor de 2 mm de diámetro e 30 mm de altura) que corresponde a idades entre os 7 e os 10 anos,[17][18] Porén, o tamaño da colonia ten un efecto significativo na reprodución das colonias. As colonias de mis de 5 cm de altura teñen a maioría dos pólipos grávidos, e o número total de pólipos por colonia aumenta exponencialmente co tamaño.[13][17][14]
Dado que a taxa de crecemento das colonias de coral vermello é moi lenta, infírese que a vida útil potencial desta especie pode alcanzar moitas décadas. As recolecciónes históricas de coral vermello que realizadon mergulladores durante as décadas de 1950 e 1960 testemuñaron que o tamaño das colonias era considerabelmente maior nos hábitats de augas pouco profundas que na actualidade (p. ex., as colonias mostraban máis de 4 cm de diámetro cando hoxe en día as colonias de máis de 1 cm son moi raras). Tendo en conta as lentas taxas de crecemento, as colonias grandes (de máis de 1 cm de diámetro) poden teren entre 80 e 100 anos, ou incluso máis.[16][19] Máis recentemente, a esperanza de vida máxima estimada para as colonias de coral vermello de Portofino (Italia) e o cabo de Creus (España) foi de 60 e 40 anos, respectivamente.[20] Estes valores máis baixos poden indicar que a sobreexplotación da especie pode ter reducido a esperanza de vida da poboación do cabo de Creus en aproximadamente un terzo.[14]
O coral vermello utilizouse en xoiaría desde a antigüidade. E as pescarías deste coral seguen activas na actualidade, especialmente en Marrocos, Alxeria, Tunisia, Italia, Francia, España, Albania e Croacia, onde case toda a materia prima é comprada e procesada por unha industria especializada en Torre del Greco (Nápoles).[1]
No pasado, o coral vermello encontrábase en abundancia a profundidades de 30 a 40 m en paredes rochosas, e en covas, en ambientes tranquilos e con pouca luz na conca mediterránea. Colleitado desde a antigüidade, o eixe de pedra calcaria do esqueleto das súas colonias utilizábase en xoiaría (coñecíase como o "ouro vermello mediterráneo").
Hoxe é raro e no norte do Mediterráneo, onde os coralistas xenoveses, sicilianos, corsos, sardos, croatas, gregos e cataláns colléitano aínda a profundidades de 100, 150 ou incluso 200 m. Esta colleita, cada vez máis intensiva, podería conducir rapidamente á extinción desta especie endémica do Mediterráneo, vítima das técnicas de mergullo máis eficientes que utilizan, e da lentitude do crecemento e da reprodución deste coral. Esta recolleita tamén se realiza ilegalmente en zonas mariñas protexidas debido ao alto prezo de venda.
Porén, no sur, en Alxeria, están as maiores reservas de coral vermello, xa que a súa captura está regulada polo Estado.[21]
O coral vermello tamén se usa en homeopatía. Por outra parte, segundo o pensamento máxico, en gran parte do mundo (por exemplo os esqueletos humanos pintados con vermello cinabrio na América precolombiana e, especialmente, en Europa) a cor vermella é considerada fasto ou portadora de boa fortuna (por exemplo en idioma ruso a palabra equiparábel (kрасный) a vermello non denota só a unha cor senón á beleza e á boa sorte).
A cor vermella polo xeral está asociada á vida, á forza e á forza vital, o que explica que en certa xoiaría popular de orixe italiana se use o coral vermello (e incluso desde o século XX a imitacións de plástico) para o corpo principal, símbolo fálico do amuleto chamado cornicello ou corno napolitano.
A colleita intensiva (legal e ilegal) é a perturbación máis antiga e máis significativa para as poboaciones de coral vermello, que xera cambios significativos na estrutura do tamaño das poblacións de coral pouco profundas no mar Mediterráneo.[14][22][23][24] Outras ameazas inducidas polo home, que actúan a escala local e subrexional, son a destrución do hábitat (pola pesca de arrastre, fondeos, etc.), a sedimentación, a contaminación, o mergullo recreativo demasiado frecuente e, máis recentemente, os episodios de mortalidade masiva vinculados á tendencia actual de quecemento do Mediterráneo. Porén, alguns dos episodios de mortalidade masiva non teñen explicación, particularmente en augas profundas.[1]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que aínda que esta especie está moi estendida, pero cunha grande irregularidade en toda a súa área de distribución, e a que se colleita para o comercio, e é particularmente susceptíbel a danos físicos, e que a diminución dos desembarques foi do 60 % durante os últimos trinta anos, combinada cos esgotamentos e extincións locais observados, leva a sospeitar que a especie sufriu unha importante diminución no tamaño da poboación debido, en particular, aos efectos da extracción e o dano físico por actividades de pesca. Esta diminución case con certeza supera o 30 % durante os últimos 30 aos (unha xeración). As ameazas continúan e é probábel que a poboación continúe diminuíndo a un ritmo similar ou que aumente. Por todo isto, a UICN incluíu á especie como EN (en perigo).[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corallium rubrum |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Corallium rubrum |