Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.)
Cinabrio
Cinabrio de tonalidade escura
Fórmula químicaHgS
ClaseSulfuros
Sistema cristalinoTrigonal
CorDe vermella a parda
BrilloDe adamantino a terroso
Dureza2,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaVermella máis clara
Densidade8,1 g/cm3

O cinabrio (tamén chamado cinabarita; do latín cinabar), é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é HgS (contén un 85% de mercurio e un 15% de xofre). É de cor vermella púrpura, traslúcido, de dureza 2,5 e densidade 8,1 g/cm3.

Aparencia

Na súa forma cristalina o cinabrio presenta un parecido notable co cuarzo na súa simetría e caracteres ópticos. Coma o cuarzo, exhibe unha polarización circular, e Alfred Des Cloizeaux demostrou que posúe quince veces o poder rotativo do cuarzo. Preséntase normalmente nunha masa granular de cristais romboédricos. Raia o xeso e é raiado pola calcita.

Obtención

Fórmase xunto as rochas volcánicas e fontes cálidas.

O cinabrio pódese encontrar en tódolos lugares que producen mercurio especialmente en Almadén (España), Nuevo Almadén (California), Idrija (Eslovenia), Landsberg, preto de Ober-Moschel no Palatinado, Ripa, ó pé dos Alpes, Apuan (Toscana), a montaña Avala (Serbia), a rexión de Huancavelica (Perú) e a provincia de Kweichow na China, de onde foron obtidos moi finos cristais.

Usos

Ademais de ser fonte importante de mercurio, é tamén empregado en instrumental científico, aparellos eléctricos e ortodoncia.

Outros sulfuros

Outros sulfuros de importancia son:

A galena, a pirita, a calcopirita, a arsenopirita e a pirrotina.