Aston Martin | |
---|---|
Tipo | Privada |
Fundación | 1913 |
Localización | Gaydon, Warwickshire, Reino Unido |
Fundador | Lionel Martin Robert Bamford |
Persoas clave | Ulrich Bez, CEO |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbiles |
Beneficio neto | £7´6 millones (2010) |
Número de empregados | 1250 (2010)[1] |
Na rede | |
https://www.astonmartinlagonda.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Aston Martin Lagonda Limited é un fabricante británico de automóbiles de luxo. Foi fundada en 1913 por Lionel Martin e Robert Bamford. Posúe a súa sede en Gaydon, Warwickshire, Inglaterra. O nome da compañía é derivado do nome do seu fundador, Lionel Martin, e da competición Aston Clinton Hillclimb preto de Aston Clinton en Buckinghamshire.[2]
Dende 1994 ata 2007, Aston Martin foi parte de Ford Motor Company, pasando a ser parte do grupo Premier Automotive Group no 2000. No 12 de marzo do 2007, foi mercada por 479 millóns de libras por unha sociedade conxunta, encabezada por David Richards, John Singers, un banqueiro de investimentos estadounidense;[3] e dúas compañías de investimento Kuwaitíes, Investment Dar e Adeem Investment.[4] Ford retivo 77 millóns de dólares estadounidenses (ou o 12,1%) de participacións, valorando a compañía en 925 millóns de dólares.[5]
En decembro de 2012, o fondo de capital privado italiano Investindustrial[6] asinou un acordo para comprar o 37´5% de Aston Martin, e investir 150 millóns de libras como un aumento de capital.
Aston Martin foi fundada en 1913 por Lionel Martin e Robert Bamford[7] os dous uniron forzas como Bamford & Martin o ano anterior para vender automóbiles fabricados por Singer desde o local da rúa Callow en Londres, onde tamén vendíanse vehículos GWK e Calthorpe. Martin correu subidas en Aston Hill cerca de Aston Clinton, e a parella decidiu facer os seus propios vehículos.[8] O primeiro coche que chamado Aston Martin foi creado por Martin montando un motor de catro cilindros Coventry-Simplex no chasis dun Isotta-Fraschini de 1908.[9][10]
Adquiriron locais en Henniker Mews[11] en Kensington e produciron o seu primeiro coche en marzo de 1915. A produción non puido iniciarse debido ao estalido da primeira guerra mundial, Martin uniuse ao Almirantado e Bamford á Royal Army Service Corps. Toda a maquinaria foi vendida á Sopwith Aviation Company.
Logo da guerra, a compañía foi refundada en Abingdon Road, Kensington e foi deseñado un novo coche co nome de Aston-Martin. En 1920 Bamford deixou a compañía, que revitalizouse co financiamento do Conde Louis Zborowski. En 1922, Bamford & Martin producen coches para competir no Gran Premio de Francia, que logrou establecer marcas mundiais de velocidade e resistencia en Brooklands. Foron construídos tres coches oficiais con 16 válvulas Motores twin cam para a competición e para lograr marcas: o número de chasis 1914, máis tarde desenvolveuse como o Green Pea (guísante verde), o número de chasis 1915, o Razor Blade (navalla de afeitar) logrou as marcas e o número de chasis 1916, máis tarde desenvolveuse como o Halford Especial.
Foron construídos aproximadamente 55 coches para a venda en dúas configuracións, chasis longo e chasis curto. A compañía declarouse en creba en 1924 e foi comprada por Lady Charnwood, quen puxo ao seu fillo John Benson ao mando. A compañía volveu quebrar en 1925 e a fábrica pechou en 1926, coa saída de Lionel Martin.
Máis tarde ese ano, Bill Renwick, Augusto (Bert) Bertelli e os envestidores que incluían á Señora Charnwood tomaron o control da empresa. Cambiouse o nome á Aston Martin Motors e trasladáronse á antiga fábrica de Whitehead Aircraft Limited en Feltham. Renwick & Bertelli foran en colaboradores algúns anos e desenvolveran un motor de catro cilindros e árbore de levas usando deseño da cámara de combustión patentada de Renwick, que probaran nun chasis de Enfield Allday. O único automóbil "Renwick & Bertelli " feito, era coñecido como a "caixa mecánica" e aínda sobrevive.
A parella planeara vender os seus motores aos fabricantes de automóbiles, pero logo de oír que Aston Martin xa non estaba na produción déronse conta de que podían sacar provecho da súa fama a poñer en marcha a produción dun coche completamente novo.
Entre 1926 e 1937 Bertelli era á vez director técnico e deseñador de todos os novos Aston Martins, foron coñecidos como "coches Bertelli". Entre eles, os de litro e medio "tipo T", "internacional", "Le Mans", "MKII" e o seu derivado de carreiras, o "Ulster", e o de 2 litros 15/98 e o seu derivado de carreiras, o "Model Speed". A maioría eran coches deportivos de dúas prazas abertos carrozados polo irmán de Bert Bertelli Enrico (Harry), e un pequeno número de turismos co chasis longo de catro prazas, tamén produciron convertibeis e rancheiras.
Bertelli era un piloto competente disposto pilotar os seus coches, un dos poucos propietario/fabricante/piloto. Os coches do equipo "LM" tiveron moito éxito nas carreiras nacionais e internacionais incluíndo Le Mans e a Mille Miglia.
Os problemas financeiros reapareceron en 1932. A compañía foi rescatado durante un ano por L. Prideaux Brune antes de vendelo a Sir Arthur Sutherland. En 1936, Aston Martin decidiu concentrarse nos coches de estrada, produciron só 700, ata que o pararon pola segunda guerra mundial. Durante a guerra produciron compoñentes de avións.
En 1947, o fabricante de tractores David Brown Limited comprou a compañía baixo a dirección do director xeral Sir David Brown o seu "salvador da posguerra". A compañía tamén adquiriu Lagonda ese ano polo seu deseño do motor 2.6 litros W. O. Bentley. Ambas empresas compartiron recursos e talleres, dando lugar ao nacemento da serie clásica dos coches "DB". En 1950, a compañía anunciou o DB2, seguido do DB2/4 en 1953, o DB2/4 MkII en 1955, o DB Mark III en 1957 e o estilo italiano 3.7 L DB4 en 1958.
Aínda que estes modelos axudaron a Aston Martin a establecer un bo pedigree de carreiras, o DB4 destacou e deu o famoso DB5 en 1963. A compañía mantívose fiel ó seu emerxente estilo " Grand Touring" co DB6 (1965-1970), e DBS (1967-1972).
Os motores de seis cilindros destes coches desde 1954 ata 1965 foron deseñados por Tadek Marek.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Puntos | WCC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Aston Martin DBR4 | Aston Martin L6 | ? | MON | 500 | NED | FRA | GBR | ALE | POR | ITA | USA | 0 | 5º | ||
Roy Salvadori | Ret | 6 | 6 | Ret | ||||||||||||
Carroll Shelby | Ret | Ret | 8 | 10 | ||||||||||||
1960 | Aston Martin DBR4 Aston Martin DBR5 |
Aston Martin L6 | ? | ARX | MON | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | POR | ITA | USA | 0 | 8º | |
Roy Salvadori | NPP | |||||||||||||||
Ret | ||||||||||||||||
Maurice Trintignant | 11 |