O Art Ross Trophy é entregado ao xogador da National Hockey League (NHL) que liderou a liga en puntos anotados ao final da liga regular.[1] Foi presentado á liga polo ex xogador, General Manager, e adestrador Art Ross. O trofeo foi entregado 65 veces a 27 xogadores distintos dende a súa introdución na tempada 1947-48. Ross é tamén coñecido polo seu deseño do puck oficial da NHL, cos bordos lixeiramente biselados para un mellor control.
O actual posuidor do trofeo éJamie Benn, que anotou 87 puntos cos Dallas Stars na tempada 2014–15.
O Art Ross Trophy foi presentado á National Hockey League (NHL) en 1947 por Arthur Howie "Art" Ross, antido General Manager e adestrador dos Boston Bruins e ex xogador introducido no Hockey Hall of Fame.[1] Elmer Lach foi o gañador do primeiro Art Ross Trophy, que foi entregado ao finalizar a tempada 1947–48.
Xogadores dos Pittsburgh Penguins gañaron o trofeo en 15 ocasións (todas nun lapso de 26 tempadas entre 1988-2014); os xogadores dos Montreal Canadiens gañárono en nove ocasión; e xogadores dos Chicago Blackhawks gañaron o premio oito veces. Aínda que Joe Thornton, gañador do premio na tempada 2005-06, comezou a tempada xogando nos Boston Bruins, finalizouna cos San Jose Sharks, e o premio conta para os Sharks. Polo tanto, os Boston Bruins seguen aos Blackhawks con sete xogadores galardoados.
Dende 1963 ata 2001, Marcel Dionne e Bryan Trottier foron os únicos xogadores que gañaron unha única vez o premio ao máximo puntuador, mentres que Stan Mikita, Phil Esposito, Bobby Orr, Guy Lafleur, Wayne Gretzky, Mario Lemieux, e Jaromír Jágr o gañaron en múltiples ocasións. Durante dúas décadas, dende 1981 ata 2001, só tres xogadores gañaron o Art Ross Trophy: Gretzky, Lemieux e Jágr. A racha rematou cando Jarome Iginla gañou o trofeo en 2002.
Gretzky gañou o trofeo 10 veces, incluíndo sete consecutivas, durante a súa carreira de 20 anos na NHL. Gordie Howe e Lemieux gañárono en seis ocasións, mentres que Esposito e Jágr o conseguiron cinco veces cada un. Jagr, da República Checa, é o xogador non canadense que máis veces gañou o trofe. Gretzky é o único xogador que gañou o treofeo con máis dun equipo, mentres que Thornton é o único xogador que o gañou xogando para dous equipos nunha mesma tempada. Stan Mikita é o único xogador na historia da NHL que gañou os trofeos Art Ross, Hart e Lady Byng nunha mesma tempada, o que fixo en dúas ocasións (1966-67 e 1967-68). Orr é o único defensa que gañou o título ao mellor puntuador, facéndoo en 1970 e 1975, e o único xogador que gañou catro premios individuais ao gañar tamén os trofeos Hart, Norris, e Conn Smythe en 1970.[2]
En 2007, Sidney Crosby non só se converteu no xogador máis novo en gañar o Art Ross Trophy aos 19 anos, converteuse no xogador máis novo de todas as ligas profesionais americanas de calquera deporte en gañar o premio ao máximo anotador.[3] Con case o dobre da idade de Crosby, Martin St. Louis converteuse no xogador máis vello en gañar o Art Ross Trophy con 37 anos, tendo tamén o maior lapso entre a consecución de dous títulos (nove anos).Henrik e Daniel Sedin son os dous únicos inrmáns que gañaron o premio, en 2010 e 2011, respectivamente.[4] Dende 2001, só tres xogadores, Crosby, Evgeni Malkin, e St. Louis teñen gañado o premio en máis dunha ocasión: Crosby en 2007 e 2014, Malkin en 2009 e 2012, e St. Louis en 2004 e 2013.
As regras da NHL estipula tres criterios de desempate en caso de que dous ou máis xogadores estean empatados a puntos:[1]
Os empates en anotación apareceron nas tempadas 1961–62, 1979–80, e 1994–95, todos eles foron decididos polo primeiro criterio de máis goles anotados. O premio da NHL que recoñece ao máximo goleador, o Maurice "Rocket" Richard Trophy, non ten criterios de desempate, permitindo que haxa varios xogadores recoñecidos nunha mesma tempada.
Xogador aínda en activo na NHL.
Tempada | Gañador | Equipo | Puntos | Galardóns |
---|---|---|---|---|
1947–48 | Elmer Lach | Montreal Canadiens | 61 | 1 (2)[nota 1] |
1948–49 | Roy Conacher | Chicago Black Hawks | 68 | 1 |
1949–50 | Ted Lindsay | Detroit Red Wings | 78 | 1 |
1950–51 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | 86 | 1 |
1951–52 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | 86 | 2 |
1952–53 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | 95 | 3 |
1953–54 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | 81 | 4 |
1954–55 | Bernie Geoffrion | Montreal Canadiens | 75 | 1 |
1955–56 | Jean Béliveau | Montreal Canadiens | 88 | 1 |
1956–57 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | 89 | 5 |
1957–58 | Dickie Moore | Montreal Canadiens | 84 | 1 |
1958–59 | Dickie Moore | Montreal Canadiens | 96 | 2 |
1959–60 | Bobby Hull | Chicago Black Hawks | 81 | 1 |
1960–61 | Bernie Geoffrion | Montreal Canadiens | 95 | 2 |
1961–62 | Bobby Hull | Chicago Black Hawks | 84 | 2 |
1962–63 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | 86 | 6 |
1963–64 | Stan Mikita | Chicago Black Hawks | 89 | 1 |
1964–65 | Stan Mikita | Chicago Black Hawks | 87 | 2 |
1965–66 | Bobby Hull | Chicago Black Hawks | 97 | 3 |
1966–67 | Stan Mikita | Chicago Black Hawks | 97 | 3 |
1967–68 | Stan Mikita | Chicago Black Hawks | 87 | 4 |
1968–69 | Phil Esposito | Boston Bruins | 126 | 1 |
1969–70 | Bobby Orr | Boston Bruins | 120 | 1 |
1970–71 | Phil Esposito | Boston Bruins | 152 | 2 |
1971–72 | Phil Esposito | Boston Bruins | 133 | 3 |
1972–73 | Phil Esposito | Boston Bruins | 130 | 4 |
1973–74 | Phil Esposito | Boston Bruins | 145 | 5 |
1974–75 | Bobby Orr | Boston Bruins | 135 | 2 |
1975–76 | Guy Lafleur | Montreal Canadiens | 125 | 1 |
1976–77 | Guy Lafleur | Montreal Canadiens | 136 | 2 |
1977–78 | Guy Lafleur | Montreal Canadiens | 132 | 3 |
1978–79 | Bryan Trottier | New York Islanders | 134 | 1 |
1979–80 | Marcel Dionne | Los Angeles Kings | 137 | 1 |
1980–81 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | 164 | 1 |
1981–82 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | 212 | 2 |
1982–83 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | 196 | 3 |
1983–84 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | 205 | 4 |
1984–85 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | 208 | 5 |
1985–86 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | 215 | 6 |
1986–87 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | 183 | 7 |
1987–88 | Mario Lemieux | Pittsburgh Penguins | 168 | 1 |
1988–89 | Mario Lemieux | Pittsburgh Penguins | 199 | 2 |
1989–90 | Wayne Gretzky | Los Angeles Kings | 142 | 8 |
1990–91 | Wayne Gretzky | Los Angeles Kings | 163 | 9 |
1991–92 | Mario Lemieux | Pittsburgh Penguins | 131 | 3 |
1992–93 | Mario Lemieux | Pittsburgh Penguins | 160 | 4 |
1993–94 | Wayne Gretzky | Los Angeles Kings | 130 | 10 |
1994–95[nota 2] | Jaromír Jágr | Pittsburgh Penguins | 70 | 1 |
1995–96 | Mario Lemieux | Pittsburgh Penguins | 161 | 5 |
1996–97 | Mario Lemieux | Pittsburgh Penguins | 122 | 6 |
1997–98 | Jaromír Jágr | Pittsburgh Penguins | 102 | 2 |
1998–99 | Jaromír Jágr | Pittsburgh Penguins | 127 | 3 |
1999–2000 | Jaromír Jágr | Pittsburgh Penguins | 96 | 4 |
2000–01 | Jaromír Jágr | Pittsburgh Penguins | 121 | 5 |
2001–02 | Jarome Iginla | Calgary Flames | 96 | 1 |
2002–03 | Peter Forsberg | Colorado Avalanche | 106 | 1 |
2003–04 | Martin St. Louis | Tampa Bay Lightning | 94 | 1 |
2004–05[nota 3] | - | - | - | - |
2005–06 | Joe Thornton | Boston Bruins/San Jose Sharks | 125 | 1 |
2006–07 | Sidney Crosby | Pittsburgh Penguins | 120 | 1 |
2007–08 | Alexander Ovechkin | Washington Capitals | 112 | 1 |
2008–09 | Evgeni Malkin | Pittsburgh Penguins | 113 | 1 |
2009–10 | Henrik Sedin | Vancouver Canucks | 112 | 1 |
2010–11 | Daniel Sedin | Vancouver Canucks | 104 | 1 |
2011–12 | Evgeni Malkin | Pittsburgh Penguins | 109 | 2 |
2012–13[nota 4] | Martin St. Louis | Tampa Bay Lightning | 60 | 2 |
2013–14 | Sidney Crosby | Pittsburgh Penguins | 104 | 2 |
2014–15 | Jamie Benn | Dallas Stars | 87 | 1 |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Premios e trofeos da NHL | |
---|---|
Equipo |
|
Individuais | |
Desaparecidos |
|
|