Detroit Red Wings | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1926 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | Joe Louis Arena (20.058 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Atlantic |
Campionatos | 11 |
Propietario(s) | ![]() |
Director | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Afiliado(s) | Grand Rapids Griffins (AHL) Toledo Walleye (ECHL) |
Cores | Negro, branco |
Na rede | |
http://redwings.nhl.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O Detroit Red Wings é un equipo de hóckey sobre xeo con sede na cidade de Detroit, Míchigan (Estados Unidos). Os Red Wings compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo en América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrado na Atlantic Division da Conferencia Leste. Xogan os seus partidos como locais no Joe Louis Arena dende 1979. O equipo forma parte do denominado Original Six, e con 11 títulos de liga é o equipo estadounidense con máis títulos da competición e o terceiro por detrás dos canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs, ademais gañou seis títulos de conferencia, e 18 de división.
Fundados en 1926, os Red Wings son unha das franquías máis antigas da NHL que seguen activas,[Nota 1] formando parte entre 1942 e 1967 do denominado Original Six xunto cos estadounidenses Boston Bruins, Chicago Blackhawks e New York Rangers, e os canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs.
Período | Equipo | Liga |
---|---|---|
1932-1933 | Olympics de Détroit | LIH |
1939-1952 | Capitals d'Indianapolis | LAH |
1945-1951 | Knights d'Omaha | USHL |
1952-1963 | Flyers d'Edmonton | WHL (mineur pro) |
1961-1967 | Hornets de Pittsburgh | LAH |
1963-1964 | Capitols d'Indianapolis/Wings de Cincinnati | CPHL |
1964-1967 | Wings de Memphis | CPHL |
1967-1973 | Wings de Fort Worth | CHL |
1967-1971 | Gulls de San Diego | WHL |
1968-1969 | Clippers de Baltimore | LAH |
1969-1970 | Barons de Cleveland | LAH |
1970-1971 | Clippers de Baltimore | LAH |
1971-1974 | Wings de Port Huron | LIH |
1971-1972 | Wings de Tidewater | LAH |
1972-1975 | Wings de la Virginie | LAH |
1974-1987 | Wings de Kalamazoo | LIH |
1975-1976 | Nighthawks de New Haven | LAH |
1976-1977 | Blues de Kansas City | CHL |
1976-1977 | Reds de Rhode Island | LAH |
1977-1979 | Red Wings de Kansas City | CHL |
1979-1980 | Jets de Johnstown | EHL |
1979-1999 | Red Wings de l'Adirondack | LAH |
1987-1989 | Spirits de Flint | LIH |
1991-1995 | Komets de Fort Wayne | LIH |
1991-2007 | Storm de Toledo | ECHL |
1999-2002 | Mighty Ducks de Cincinnati | LAH |
2000-2001 | Moose du Manitoba | LIH |
Art Duncan foi o primeiro capitán da historia dos Cougars na tempada 1926-1927. En 1932, o equipo de Detroit mudou o seu nome polo de Red Wings, e Larry Aurie converteuse en capitán. A seguinte táboa mostra todos os capitáns que tivo o equipo ao longo da súa historia:[1]
|
|
Cada ano dende 1963, os xogadores de ligas júnior teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Esta sección presenta as eleccións na primeira rolda do draft por parte de Detroit así como o equipo das ligas menores ou europeas no que xogaba a tempada na que tivo lugar a selección. Nos casos nos que os Red Wings elixiron a máis dun xogador na primeira rolda só se indica a primeira elección, mentres que as veces nas que a súa primeira elección foi despois da primeira rolda non se indica nada:[2]
|
|
|
Esta sección presenta as estatísticas dos dez máximos anotadoes dos Red Wings. As estatísticas refírense só aos puntos conseguidos cos Detroit Red Wings e os mellores rexistros en cada campo son sinalados en letra grosa:[3] O líder histórico do equipo foi o canadense Gordie Howe, que liderou ao equipo en partidos xogados, goles e puntos, mentres que o seu compatriota Steve Yzerman fíxoo en asistencias e puntos por partido.
Nota: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; P/G = Puntos por partido; * = actualmente nos Red Wings
Xogador | Pos | PX | G | A | Pts | P/G |
---|---|---|---|---|---|---|
Gordie Howe | RW | 1687 | 786 | 1023 | 1809 | 1,07 |
Steve Yzerman | C | 1514 | 692 | 1063 | 1755 | 1,16 |
Alex Delvecchio | C | 1549 | 456 | 825 | 1281 | 0,83 |
Nicklas Lidstrom | D | 1564 | 264 | 878 | 1142 | 0,73 |
Sergei Fedorov | C | 908 | 400 | 554 | 954 | 1,05 |
Pavel Datsyuk | C | 953 | 314 | 604 | 918 | 0,96 |
Henrik Zetterberg* | C | 918 | 309 | 527 | 836 | 0,91 |
Norm Ullman | C | 875 | 324 | 434 | 758 | 0,87 |
Ted Lindsay | LW | 862 | 335 | 393 | 728 | 0,84 |
Brendan Shanahan | LW | 716 | 309 | 324 | 633 | 0,88 |
Na National Hockey League, os xogadores poden ser homenaxeados de varios xeitos, un deles é interna do equipo. Deste xeito, é tradición homenaxear a antigos xogadores do equipo decidindo retirar o seu número. Ningún outro xogador pode entón empregar ese número en cuestión e cólgase unha réplica da súa camisola no teito do pavillón. En 1999, a NHL decidiu igualmente retirar o número 99 de Wayne Gretzky da circulación en todas as franquías da liga, a causa do seu impacto no mundo do hóckey. O equipo retirou de xeito oficial sete números:[4]
Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada |
---|---|---|---|---|
1 | Terry Sawchuk | G | 1949-1955 1957-1964 1968-1969 |
6 de marzo de 1994 |
5 | Nicklas Lidstrom | D | 1991-2912 | 6 de marzo de 2014[5] |
7 | Ted Lindsay | LW | 1944-1957 1964-1965 |
10 de novembro de 1999 |
9 | Gordie Howe | RW | 1946-1971 | 12 de marzo de 1972 |
10 | Alex Delvecchio | C | 1950-1974 | 10 de novembro de 1991 |
12 | Sid Abel | C | 1938-1943 1945-1952 |
29 de abril de 1995 |
19 | Steve Yzerman | C | 1983-2006 | 3 de xaneiro de 2007[Nota 3] |
Dende a primeira tempada do equipo en 1926, de Duncan a Babcock, 26 adestradores sucedéronse á fronte do banco do equipo de Detroit. Jack Adams foi un dos primeiros en marcar a historia da franquía. De feito, con 964 partidos na NHL, Adams ocupou o posto de adestrador durante 20 anos, amais de ter sido director xeral do equipo. Foi o artífice do maior número de vitorias do equipo con 413 e tres Stanley Cups. Tommy Ivan substituíu a Adams en 1947, continuando coa liña de vitorias con tres novas Stanley Cups en sete tempadas en Míchigan.[6]
Sid Abel tomou o mando do equipo por primeira vez en 1957 e converteuse no segundo adestrador, por detrás de Adams, en conseguir o maior número de partidos cos Red Wings cun total de 811. William Scott « Scotty » Bowman chegou ao equipo en 1993, conseguindo en nove tempadas e 701 partidos un total de tres Stanley Cups e 410 vitorias. Estableceu un sistema de xogo diferente con por exemplo o Russian Five. Puxo fin á súa carreira na tempada 2001-02 despois de conseguir a vitoria na final da Stanley Cup, a décima dos Red Wings e a súa novena a título persoal como adestrador xefe.[7]
Période | Années | PX | V | D | DPr | Stanley Cups |
---|---|---|---|---|---|---|
1926-1927 | Art Duncan | 33 | 1 | 21 | 2 | - |
1927 | Duke Keats | 11 | 2 | 7 | 3 | - |
1927-1947 | Jack Adams | 964 | 413 | 390 | 161 | 1936, 1937 e 1943 |
1947-1954 | Tommy Ivan | 470 | 262 | 118 | 90 | 1950, 1952 e 1954 |
1954-1957 | Jimmy Skinner | 247 | 123 | 78 | 46 | 1955 |
1957 a 1968 - 1970 | Sid Abel | 811 | 340 | 339 | 132 | - |
1968-1970 | Bill Gadsby | 78 | 35 | 31 | 12 | - |
1970-1971 | Ned Harkness | 38 | 12 | 22 | 4 | - |
1971-1976 | Doug Barkley | 77 | 20 | 46 | 11 | - |
1972-1973 | Johnny Wilson | 145 | 67 | 56 | 22 | - |
1973 | Ted Garvin | 12 | 2 | 9 | 1 | - |
1974-1975 | Alex Delvecchio | 155 | 53 | 81 | 21 | - |
1976 a 1977 - 1982 | Billy Dea | 100 | 32 | 57 | 11 | - |
1977 | Larry Wilson | 36 | 3 | 29 | 4 | - |
1977-1980 | Bobby Kromm | 231 | 79 | 111 | 41 | - |
1980 | Marcel Pronovost | 9 | 2 | 7 | 0 | - |
1980-1981 | Ted Lindsay | 20 | 3 | 14 | 3 | - |
1981-1982 | Wayne Maxner | 129 | 34 | 68 | 27 | - |
1982-1985 | Nick Polano | 240 | 79 | 127 | 34 | - |
1986 | Harry Neale | 35 | 8 | 23 | 4 | - |
1986 | Brad Park | 45 | 9 | 34 | 2 | - |
1986-1990 | Jacques Demers | 320 | 137 | 136 | 47 | - |
1990-1993 | Bryan Murray | 244 | 124 | 91 | 29 | - |
1993-2002 | Scotty Bowman | 701 | 410 | 203 | 88 | 1997, 1998 e 2002 |
2002-2004 | Dave Lewis | 164 | 96 | 47 | 21 | - |
2004-2015 | Mike Babcock | 786 | 458 | 223 | 105 | 2008 |
Dende 2015 | Jeff Blashill | Adestrador actual |
Durante cas 50 anos a familia Norris estivo involucrada na vida do club. Así, James Norris adquiriu os dereitos da franquía en 1932 e mantivo a dirección do equipo ata a súa morte por un ataque ao corazón en 1952.[8] A súa filla, Marguerite Norris, converteuse na primeira muller propietaria dunha franquía da NHL, ocupando o posto durante tres anos.[9] O seu irmán, Bruce Norris, tomou o seu lugar en 1955. Os Red Wings foron rescatados en 1982 par Mike Ilitch. Catro anos despois, Bruce Norris morreu o 1 de xaneiro de 1986, mentres que Marguerite Norris morreu dun ataque ao corazón en 1994[9].
Período | Nome | Stanley Cups |
---|---|---|
1932-1952 | James Norris | 1936, 1937, 1943 e 1950 |
1952-1955 | Marguerite Norris | 1952, 1954 e 1955 |
1955-1982 | Bruce Norris | - |
Dende 1982 | Mike Ilitch | 1997, 1998, 2002 e 2008 |
Período | Nome | Stanley Cups |
---|---|---|
1926 a 1927 | Art Duncan | - |
1927 | Duke Keats | - |
1927 a 1962 | Jack Adams | 1936, 1937, 1943, 1950, 1952, 1954 e 1955 |
1962 a 1970 | Sid Abel | - |
1970 a 1974 | Ned Harkness | - |
1974 a 1976 | Alex Delvecchio | - |
1976 a 1980 | Ted Lindsay | - |
1980 a 1982 | Jimmy Skinner | - |
1982 a 1990 | Jim Devellano | - |
1990 a 1994 | Bryan Murray | - |
1994 a 1997 | Jim Devellano | - |
Dende 1997 | Ken Holland | 1997, 1998, 2002 e 2008 |
O trofeo final para un equipo na NHL, a Stanley Cup é entregada ao campión das series eliminatorias dende a tempada 1926-27.[10][Nota 4].
Os Red Wings son o terceiro equipo da NHL en número de campionatos conseguidos cun total de 11 Stanley Cups.[11] A seguinte táboa amosa os anos nos que os Red Wings conseguiron o trofeo, o adversario na final, e o resultado da serie final.
Ano | Adversario | Resultado |
---|---|---|
1935-1936 | Toronto Maple Leafs | 3-1 |
1936-1937 | New York Rangers | 3-2 |
1942-1943 | Boston Bruins | 4-0 |
1949-1950 | New York Rangers | 4-3 |
1951-1952 | Montreal Canadiens | 4-0 |
1953-1954 | Montreal Canadiens | 4-3 |
1954-1955 | Montreal Canadiens | 4-3 |
1996-1997 | Philadelphia Flyers | 4-0 |
1997-1998 | Washington Capitals | 4-0 |
2001-2002 | Carolina Hurricanes | 4-1 |
2007-2008 | Pittsburgh Penguins | 4-2 |
O Presidents' Trophy é entregado ao equipo que máis puntos sumou na clasificación xeral da NHL durante a liga regular. O trofeo é outorgado dende a tempada 1985-86. Dende que se creou o trofeo, os Red Wings o gañaron en seis ocasións.[12]
O Clarence S. Campbell Bowl é entregado cada ano ao campión da Conferencia Oeste. Creado en 1967, inicialmente foi entregado ao gañador da West Division durante a liga regular. Entre 1975 e 1981 foi entregado ao campión da Conferencia Clarence Campbell (actual Conferencia Oeste), e entre 1982 e 1993 ao campión desta división nos play-offs. Dende 1993 o trofeo é entregado ao campión da Conferencia Oeste nas series eliminatorias. Recibe o seu nome en honor a Clarence Sutherland Campbell, que foi presidente da NHL entre 1946 e 1977. Os Red Wings teñen gañado o trofeo en seis ocasións:[13]
O Prince of Wales Trophy é o trofeo da NHL que máis veces mudou o seu significado.[14] Dende a tempada 1993-1994, o Prince of Wales Trophy e entregado ao equipo gañador da final da Conferencia Leste durante os play-offs. Os Red Wings son o terceiro equipo que ten gañado máis veces o trofeo cun total de 13, por detrás dos Montreal Canadiens (25) e dos Boston Bruins (17).[15][16]