Alnus cordata | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Distribución natural de Alnus cordata.
|
Alnus cordata é unha especie de aliso pertencente á familia das betuláceas.
Trátase dunha árbore de tamaño medio que alcanza os 17 - 25 m de altura (excepcionalmente 28 m), cun tronco de até 70-100 cm de diámetro. As follas, de cor verde brillante, son deciduas, pero cunha tempada moi longa, de abril a decembro no hemisferio norte, alternas, cordiformes (en forma de corazón), de 5-12 cm de longo e cunha marxe finamente serrada.
A piña (de aparencia similar á da conífera) é ovoide, de 2-3 cm de longo e 1,5-2 cm de ancho, de cor verde escuro a marrón, cando madura no outono. As sementes pequenas con ás dispérsanse durante o inverno, deixando o antigo "cono" leñoso e negruzco na árbore durante un ano.
Do mesmo xeito que outros alisos, é capaz de fixar nitróxeno do aire. Prospera en chans moito máis secos que a maioría e crece moi rapidamente, mesmo baixo circunstancias desfavorables, o que o fai moi valioso para a paisaxe de plantación nos sitios difíciles, como a minería e de drenaxe de sitios moi compactados.
É nativo do sur de Italia incluíndo Sardeña e Córsega. É unha especie endémica dos países do Sur, onde, con todo, non se propagou uniformemente. Asóciase frecuentemente con árbores de madeira dura (como os carballos e faias). Atópase no sur de Italia, desde as chairas até 1300 m s. n. m..
Alnus cordata foi descrita por (Loisel.) Duby e publicado en Flora Gallica 2(2): 317. 1828.[1]
Alnus: nome xenérico do latín clásico para este xénero.[2]
cordata: epíteto latíno que significa "con forma de corazón"[3]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alnus cordata |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alnus cordata |