Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1982 (41 anos) Port-Gentil, Gabón |
Nacionalidade | Gabón |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Información da carreira | |
Universidade | UMass (2003–2007) |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 2 / Elección: 46 Por Golden State Warriors |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Golden State Warriors (2007) Los Angeles D-Fenders (2007–2008) Miami Heat (2008) Partizan (2008–2009) Maccabi Tel Aviv (2009–2010) Spartak Saint Petersburg (2010) Maine Red Claws (2010–2011) Obradoiro CAB (2011–2012) Panathinaikos BC (2012–2014) Anadolu Efes (2014–2015) Galatasaray (2015–2016) Texas Legends (2017) UNICS Kazan (2017–2018) Panathinaikos BC (2018–2019) |
Yann Ulrich Stephane Lasme, nado o 17 de decembro de 1982 en Port-Gentil, é un xogador profesional de baloncesto gabonés. Mide 2,03 metros e pode xogar de ala-pivote ou de pivote.
Lasme foi elixido na 46ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Golden State Warriors.[1] Fixo o seu debut na NBA o 8 de novembro de 2007, xogando tan só 3.8 segundos na derrota dos Warriors por 120-115 contra os Dallas Mavericks.[2][3] O 17 de novembro, foi cortado polos Warriors.[4] Días máis tarde, asinou cos Los Angeles D-Fenders da NBA Development League.[5][6] Na tempada 2010-2011 xogou nos Maine Red Claws da NBA Development League. Na tempada 2011-12 xogou na Liga ACB co Obradoiro CAB. O 22 de xuño de 2014, asinou un contrato de dous anos co Anadolu Efes turco.[7]