O nome da rosa
Ficha técnica
Título orixinalDer Name der Rose
DirectorJean-Jacques Annaud
ProdutorBernd Eichinger
Franco Cristaldi
Jake Eberts
Alexandre Mnouchkine
Bernd Schaefers
Thomas Schühly
Herman Weigel
GuiónAndrew Birkin
Gérard Brach
Howard Franklin
Alain Godard
Baseado enO nome da rosa de Umberto Eco
IntérpretesSean Connery
Christian Slater
Michael Lonsdale
Ron Perlman
F. Murray Abraham
MúsicaJames Horner
FotografíaTonino Delli Colli
MontaxeJane Seitz
DistribuidoraNeue Constantin Film
Acteurs Auteurs Associés
Estrea1986
Duración126 minutos
Orixe Francia
Italia Italia
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental
XéneroSuspense
Orzamento$17.000.000[1]
Na rede
IMDB: tt0091605 Filmaffinity: 288865 Allocine: 2402 Rottentomatoes: m/the_name_of_the_rose_1986 Mojo: nameoftherose Allmovie: v34422 TCM: 84559 Metacritic: movie/the-name-of-the-rose TV.com: movies/the-name-of-the-rose Netlix: 70000552Editar o valor em Wikidata

O nome da rosa (en italiano: Il nome della rosa, en alemán: Der Name der Rose e en francés: Le nom de la rose) é un filme dirixido polo francés Jean-Jacques Annaud estreado en 1986. Baséase na novela homónima escrita por Umberto Eco e protagonizado por Sean Connery como o freire franciscano Guillerme de Baskerville e Christian Slater como o novizo Adso de Melk. Este último protagonizaba unha escena sexual con Valentina Vargas que contribuíu ó seu lanzamento como símbolo sexual da mocidade.

Foi emitido na TVG o 18 de xaneiro de 1991.[2]

Sinopse

Século XIV. Frei Guillerme de Baskerville (Sean Connery), monxe franciscano e antigo inquisidor, e o seu inseparable discípulo, o novizo Adso de Melk (Christian Slater), visitan unha abadía beneditina, situada no norte de Italia, para esclarecer a morte do miniaturista Adelmo de Otranto. Durante a súa estadía, desaparecen misteriosamente outros monxes que despois aparecen mortos. Lentamente, Guillerme vai esclarecendo os feitos. Ó parecer, os asasinatos están relacionados cun antigo tratado sobre a licitude da risa.

Personaxes

Premios

A película conseguiu un total de 16 premios en distintos festivais e concursos internacionais, destacando:

Notas

  1. IMDb entry
  2. La Voz de Galicia, 18 de xaneiro de 1991. Páxina 55

Véxase tamén

Ligazóns externas