Bernd Eichinger, nado o 11 de abril de 1949 en Neuburg an der Donau (Alemaña) e finado o 4 de xaneiro de 2011 nos Ánxeles, foi un guionista, director e produtor de cine alemán.
Graduouse na Academia do Cine e da Televisión de Múnic no ano 1973, pouco despois de rematar a carreira fundou a súa primeira produtora, Solaris Film.
As súas primeiras producións fixaron a atención internacional sobre unha serie de novos directores alemáns, como Wim Wender, Edgar Reitz, Hans W. Geissendörfer ou Wolfgang Petersen
No ano 1979 asumiu a dirección de Constantin Film, unha produtora e distribuidora con sede en Múnic que marcou un antes e un despois na industria cinematográfica alemá.
Eichinger faleceu dun ataque ao corazón con 61 anos.