Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.)
Jean-Jacques Annaud
Foto de 1998. Studio Harcourt, París.
Nacemento11 de novembro de 1943 (80 anos)
LugarFrancia Juvisy-sur-Orge, Essonne, Francia
NacionalidadeFrancia
Educado enInstitut des Hautes Études Cinématographiques, La Fémis e École nationale supérieure Louis-Lumière
Profesiónprodutor de cinema, director de cinema, guionista, actor de cinema e realizador
Na rede
http://jjannaud.com/
IMDB: nm0000269 Allocine: 2331 Allmovie: p79736 TCM: 4493
Discogs: 5428851 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jean-Jacques Annaud, nado en Juvisy-sur-Orge (Essonne, Francia) o 1 de outubro de 1943, é un director de cine.

Traxectoria

Tras cursar estudos no Institut des hautes études cinématographiques, iniciouse no mundo do cine coa publicidade.

Obtivo o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1976 coa súa primeira longametraxe, La Victoire en chantant. Encargóuselle entón a dirección de O cabezazo, escrita por Francis Veber e interpretada por Patrick Dewaere.

Adicouse a proxectos moi caros e ambiciosos, como Na busca do lume, (1981) e O oso (1988) nos que demostra mestría técnica.

A súa consagración comercial acadouna coa adaptación da novela de Umberto Eco O nome da rosa, película que combina acertadamente problemas filosóficos e morais co suspense. Contou cun elenco de luxo: Sean Connery, Christian Slater e F. Murray Abraham. Este éxito permitiulle abordar a superprodución erótica L'Amant (1992), adaptación do libro de Marguerite Duras.

En 2006 rodou unha superprodución europea, Sa Majesté Minor, con exteriores rodados nas oliveiras de Benigembla, e na cala do Poble Nou de Benitatxell, na comarca da Marina Alta da Comunidade Valenciana.

Malia non ser sempre ben tratado pola prensa, Annaud ten fama de perfeccionista e de técnico destacado, encargándose de revisar persoalmente todas e cada unha das etapas de elaboración das películas e mesmo a súa adaptación ó DVD.

Filmografía

Véxase tamén

Ligazóns externas