Marcello Mastroianni
Marcello Mastroianni, 1991.
Nome completoMarcello Vincenzo Domenico Mastroianni
Nacemento28 de setembro de 1924
LugarFontana Liri, Italia
Falecemento19 de decembro de 1996
LugarParís, Francia
Causacancro de páncreas
SoterradoCampo di Verano
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Educado enUniversidade de Roma La Sapienza
PaiOtteno Mastroianni
Cónxuxe(s)Flora Carabella
FillosChiara Mastroianni e Barbara Mastroianni
ProfesiónActor (1938 - 1996)
Na rede
IMDB: nm0000052 Allocine: 1158 Rottentomatoes: celebrity/marcello_mastroianni Allmovie: p46339 TCM: 124534 TV.com: people/marcello-mastroianni
Musicbrainz: 654c0356-1c74-4757-b5f3-fc960b2c289d Discogs: 1605384 WikiTree: Mastroianni-23 Find a Grave: 7180 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Marcello Mastroianni, nado en Fontana Liri, Italia, o 28 de setembro de 1924 e finado en París, Francia, o 19 de decembro de 1996, foi un célebre actor italiano.

Traxectoria

Nado en Fontana Liri, unha pequena poboación dos Apeninos, Mastroianni creceu en Turín e Roma. Durante a segunda guerra mundial foi recluído nun campo de concentración nazi, pero logrou escapar e permaneceu escondido en Venecia ata que pasou o perigo.

En 1945 comezou a traballar como figurante para unha compañía cinematográfica á vez que tomaba leccións de interpretación. Debutou na gran pantalla en 1947 con I Miserabili, adaptación da novela de Victor Hugo.

En moi pouco tempo, Mastroianni converteuse nunha estrela grazas ás súas interpretacións en filmes como Rufufú, de Mario Monicelli. Federico Fellini escolleuno para protagonizar La dolce vita xunto a Anita Ekberg quen, malia o seu pequeno papel na película, foi un considerable reclamo publicitario. A colaboración con Fellini, moi frutífera a longo prazo, continuou en . Mastroianni interpretaba a Guido Anselmi, un director de cine frustrado e mullereiro, con trazos autobiográficos do propio Fellini.

En 1948 casou coa actriz italiana Floriana Clarabella, con quen tivo unha filla, Barbara. Floriana acompañouno ata o seu pasamento, como tamén o fixo Catherine Deneuve, amante deste e nai de Chiara Mastroianni, a segunda das súas fillas.

Candidaturas ós Premios da Academia

Filmografía