(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1933 (91 anos) Carpi (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Educación | Universidade de Boloña Centro Sperimentale di Cinematografia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección de cine e film screenwriting (en) |
Ocupación | directora de cinema , guionista , realizadora |
Período de actividade | 1961 - |
Interesada en | Francisco de Asís |
Lingua | Lingua inglesa e lingua italiana |
Participou en | |
1989 | 1989 Cannes Film Festival (en) |
1981 | 1981 Cannes Film Festival (en) |
1974 | 1974 Cannes Film Festival (en) |
1970 | Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1970 |
Premios | |
Páxina web | lilianacavani.it |
|
Liliana Cavani, nada en Carpi o 12 de xaneiro de 1933,[1] é unha directora e guionista italiana. Pertence a unha xeración de cineastas italianos da Emilia-Romagna que acadou o éxito na década de 1970, como Bernardo Bertolucci, Pier Paolo Pasolini e Marco Bellocchio. Os seus filmes adoitan ser intelectuais e ter preocupacións históricas.[2] Ademais de filmes e documentais tamén dirixiu óperas.
Cavani naceu en Carpi, preto de Módena na provincia de Emilia-Romaña.[3] O pai de Cavani, arquitecto de Mantua, pertencía a unha familia conservadora burguesa de terratenentes. "O meu pai era un arquitecto interesado no desenvolvemento urbano. Levábame a museos. Traballou no planeamento urbano de Bagdad en 1956, cando Iraq estaba aínda baixo o control británico. A miña nai era moi forte, moi capaz e moi doce", explicou Cavani nunha entrevista. A súa nai sentía paixón polos filmes e levábaa ao cinema todos os domingos dende moi nova. Pola parte da súa nai proviña dunha familia de clase obreira de militantes antifascistas. O seu avó materno, sindicalista, introduciuna nas obras de Engels, Marx e Bakunin.[4]
Graduouse en literatura e filoloxía na universidade de Boloña en 1960, escribindo unha disertación sobre o nobre e poeta do século XV Marsilio Pio.[3] Intentou converterse en arqueóloga, profesión que axiña abandonou para perseguir a súa paixón polo cinema.[4] Asistiu ao recoñecido "Centro Sperimentale di Cinematografia" de Roma, inaugurado por Benito Mussolini antes da segunda guerra mundial. Estudou realización de documentais e obtivo o seu diploma coa curtametraxe Incontro notturno (1961).
Cavani foi recoñecida internacionalmente polo éxito do seu filme de 1974 O porteiro de noite.
Cavani vive en Roma.[5] A súa localidade natal, Carpi, estableceu a Associazione Fondo Liliana Cavani, onde os seus filmes se conservan e están dispoñibles para consulta.[5]