Dino Risi, nado en Milán o 23 de decembro de 1916 e finado en Roma o 7 de xuño de 2008, foi un director de cine italiano, considerado un dos "mestres" da Commedia all'italiana xunto con Mario Monicelli, Luigi Comencini, Nanni Loy e Ettore Scola.
Risi ficou orfo con doce anos, quedando ó coidado de parentes e amigos da súa familia.[1] Estudou medicina e converteuse máis tarde en psiquiatra.
Comezou a súa carreira no cinema como asistente de dirección de cineastas como Mario Soldati e Alberto Lattuada. Máis tarde comezou a dirixir os seus propios filmes nos que deu oportunidades a futuras estrelas de cine como Sophia Loren e Vittorio Gassman.[1]
Os seus maiores logros foron Poveri ma belli, seguida por dúas secuelas tamén dirixidas por el; Una vita difficile; Il sorpasso; I Mostri ou, en curtametraxe, I Mostri; e Perfume de muller, da que se realizou un remake protagonizado por Al Pacino en 1992.
No 2002, foi premiado co "León de Ouro pola súa traxectoria" (Leone d'oro alla carriera) e no Festival de Cine de Venecia polo seu traballo. Dous dos seus filmes, Il giovedì e Il commissario Lo Gatto, foron mostradas nunha sección retrospectiva na comedia italiana no "67 Festival de Cine Internacional de Venecia".[2]
Deixou dous fillos, Claudio e Marco.[1]