Material: | Ouro e cobre |
---|---|
Estilo: | Ourivaría precolombiana |
Medidas: | Altura: 10,2 cm Lonxitude: 19,5 cm Anchura: 10,1 cm |
Ano da descuberta: | 1969 |
Lugar: | Preto de Pasca, Colombia |
Data: | 600 e 1600 |
Museo: | Museo do Ouro de Bogotá |
A balsa muisca ou balsa dourada é unha peza de ourivaría precolombiana votiva feita pola cultura muisca na rexión xeográfica que actualmente corresponde ó centro de Colombia. A peza atópase exhibida no Museo do Ouro de Bogotá.[1] Cóidase que a figura foi elaborada entre os anos 600 e 1600 d. C. por fundición de cera perdida en ouro cunha pequena cantidade de cobre.[2]
A figura fai alusión á cerimonia da lenda de El Dorado. Representa o acto de investidura de poder dos xefes muiscas que se celebraba na lagoa de Guatavita, na cal o herdeiro do cacicado cubría o seu corpo con ouro en po e acompañado do pobo guindaba ouro e esmeraldas como ofrenda ós deuses.[3] A peza ten unha base coa forma dunha embarcación de troncos cunhas dimensións de 19,5 x 10,1 cm e varias figuras sobre a balsa; a meirande figura que se destaca na metade aparentemente representa ó cacique, o cal está adornado con tocados, narigueiras e orelleiras, mide 10,2 cm de altura e está rodeado polos seus soldados, que levan estandartes.[2]
Historia dos muiscas |
|
---|---|
Temas | |
Mitoloxía | |
Lugares | |
Gobernantes do norte | |
Gobernantes do sur | |
Nos medios |
|