O iraca, ás veces tamén escrito iraka,[1][2] era o gobernante e alto sacerdote de Sugamuxi no seo da confederación muisca que habitaba no Altiplano Cundiboyacense; as terras altas centrais nos Andes de Colombia. Iraca tamén pode facer referencia ó val de Iraka no que gobernaba.[1][2][3]
Nos séculos anteriores á chegada dos Conquistadores españois no centro de Colombia, os vales da Cordilleira Oriental eran gobernados por catro líderes principais e numerosos caciques independentes. Os territorios do norte eran gobernados polo zaque de Hunza, a capital do actual departamento de Boyacá, mentres que os territorios do sur eran gobernados polo zipa, con sede en Bacatá, que no presente é a capital de Colombia, Bogotá. Outros líderes salientables eran o iraca e o cacique Tundama con sede en Tundama, na actual cidade de Duitama. Os muiscas eran unha das catro civilizacións avanzadas de América, xunto cos aztecas, os maias e os incas.[4]
Por mor da conquista española das nacións chibchas é pouco o que se coñece sobre eles e a maioría baséase na mitoloxía. Iracas confirmados foron:
Historia dos muiscas |
|
---|---|
Temas | |
Mitoloxía | |
Lugares | |
Gobernantes do norte | |
Gobernantes do sur | |
Nos medios |
|