Museo do Ouro | |
---|---|
Museo do Ouro de Bogotá. | |
Coordenadas | Coordenadas: 4°36′07″N 74°04′19″O / 4.6019194444444, -74.072 |
País | Colombia |
Cidade | Bogotá |
Tipo | Museo de Arqueoloxía |
Director | María Alicia Uribe Villegas |
Construción | 1938 |
Inauguración | 22 de decembro de 1939 |
Visitantes | 500 000 |
Na rede | |
http://www.banrep.gov.co/museo/eng/home.htm e http://www.banrepcultural.org/museo-del-oro | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo do Ouro do Banco da República de Colombia é unha institución que contén pezas de ourivaría e olaría de culturas indíxenas do período precolombiano. Atópase no centro histórico da cidade de Bogotá.
Posúe a meirande colección de ourivaría prehispánica do mundo con arredor de trinta e catro mil pezas de ouro e tumbaga, preto de vinte e cinco mil obxectos en cerámica, pedra, cuncha, ósos e téxtiles.[1] Expón pezas de diferentes culturas indíxenas asentadas na actual Colombia antes da chegada dos conquistadores españois, entre as que destacan a calima, a muisca, a Nariño, a quimbaya, a zenú, a tairona, a San Agustín, a Tierradentro, a Tolima, entre outras cousas.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo do Ouro |