Cordal no 2013. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1965 (58 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía Galega |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, poesía e crítica literaria |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | poeta , escritor , crítico literario |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e ensaio |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Premios | |
Xabier Cordal Fustes, nado na Coruña o 27 de novembro de 1965, é un escritor galego.
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Compostela. Desde 1989 exerce como profesor de Lingua e Literatura galegas, actualmente no IES da Terra Chá en Castro Ribeiras de Lea.[1] Reside no Corgo.[2]
Como escritor destaca a súa produción poética. Foi un dos integrantes do grupo poético Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, 1994) e formou parte das Redes Escarlata (Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003) . Fixo crítica literaria e colaboracións xornalísticas no xa extinto O Correo Galego (dentro do suplemento Revista das Letras) e en Galicia Hoxe. Tamén colaborou en varias publicacións periódicas como A Trabe de Ouro[2] e como articulista de opinión no xornal dixital Vieiros[3]. Mantivo os blogs Monte Alto e Centeás (2010-2014).
Foi ademais autor do guión do filme A mariñeira e letrista do grupo musical Luar na Lubre ("Memoria da noite" ou "Centeás" levan a súa sinatura).
En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra. Organizados pola Fundación Rosalía de Castro.[4]
É pai de Sabela e Estevo Cordal Vidal.