Tipo | premio deportivo |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Epónimo | Jari Kurri (pt) |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Vixencia | 1994 – |
O Trofeo Jari Kurri (en finés Jari Kurri -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia, a SM-liiga. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 1993-94 e recoñece o mellor xogador durante os play-offs. O gañador é elixido pola Jääkiekon SM-liiga Oy. É similar ao Trofeo Lasse Oksanen, entregado pola liga cada ano ao mellor xogador da liga regular, e ao Kultainen kypärä (en galego casco dourado) entregado pola Asociación de Xogadores ao mellor xogador da SM-liiga.[1] Recibe o seu nome en honor do ex xogador de Jokerit e varios equipos da National Hockey League (NHL) Jari Kurri.
Como ocorre con outros trofeos individuais da SM-liiga, o Trofeo Jari Kurri recibe o seu nome en honor a unha personalidade destacada da historia do hóckey sobre xeo finés. Este trofeo foi nomeado en honor ao ex xogador Jari Kurri, quen comezou a súa carreira como xogador no Jokerit de Helsinqui na SM-liiga, e posteriormente competiu na National Hockey League (NHL) vestindo a camisola de Edmonton Oilers, Los Angeles Kings, New York Rangers, Mighty Ducks of Anaheim e Colorado Avalanche. Kurri foi ademais internacional coa selección finesa e é considerado o mellor xogador finés da historia, sendo membro do Hockey Hall of Fame dende 2001 e dos Suomen Jääkiekkoleijonat (introducido co número 113), e foi considerado como un dos 100 Mellores Xogadores da NHL.[2][3][4]
O Trofeo Jari Kurri entregouse por primeira vez na tempada 1993-94, e o primeiro xogador en conquistar o trofeo foi Ari Sulander, do Jokerit de Helsinqui, que se proclamou campión finés ese mesmo ano por terceira vez na súa historia.[1][5] Tan só Niklas Bäckström gañou o trofeo en máis dunha ocasión, conseguíndoo dúas veces de xeito consecutivo xogando no Kärpät de Oulu en 2004 e 2005.[6] En 2001 Jussi Tarvainen converteuse no único xogador que gañou o trofeo sen pertencer ao equipo que se proclamou campión finés.[7][8]
En 1997 Otakar Janecký converteuse no primeiro xogador non nado en Finlandia en recibir o trofeo, e tiveron que pasar nove tempadas ata que na tempada 2005-06 outro xogador non nado en Finlandia, Miika Wiikman, nado en Suecia e con dobre nacionalidade sueca e finesa, recibise o trofeo.[9]
En 2007 o trofeo foi entregado por primeira vez na súa historia logo do partido decisivo da final.[10] Na tempada 2008-09 produciuse un feito estraño, xa que foi a primeira e única vez ata o momento na que dous xogadores recibiron o recoñecemento, xogando ademais ambos na mesma posición e no mesmo equipo, porteiros do JYP Jyväskylä, que se proclamou campión esa tempada por primeira vez na súa historia.[11][12]
O trofeo non foi entregado por primeira vez na súa historia debido a que na tempada 2019-20 non se disputaron os play-offs pola suspensión da Liga por mor da pandemia por coronavirus.[13]
Un total de 27 xogadores diferentes recibiron o Trofeo Jari Kurri dende que este se introduciu na tempada 1993-94:
Trofeo compartido. Tempada cancelada.
Tempada | Equipo | Xogador | Nacionalidade |
---|---|---|---|
1993-1994 | Jokerit[14] | Ari Sulander | Finlandia |
1994-995 | TPS | Saku Koivu | Finlandia |
1995-1996 | Jokerit | Petri Varis | Finlandia |
1996-1997 | Jokerit | Otakar Janecký | República Checa |
1997-1998 | HIFK | Olli Jokinen | Finlandia |
1998-1999 | TPS | Miikka Kiprusoff | Finlandia |
1999-2000 | TPS | Tomi Kallio | Finlandia |
2000-2001 | Tappara | Jussi Tarvainen | Finlandia |
2001-2002 | Jokerit | Kari Lehtonen | Finlandia |
2002-2003 | Tappara | Esa Pirnes | Finlandia |
2003-2004 | Kärpät | Niklas Bäckström | Finlandia |
2004-2005 | Kärpät | Niklas Bäckström (2) | Finlandia |
2005-2006 | HPK | Miika Wiikman | Suecia/ Finlandia |
2006-2007 | Kärpät | Janne Pesonen | Finlandia |
2007-2008 | Kärpät | Tuomas Tarkki | Finlandia |
2008-2009 | JYP | Pekka Tuokkola e Sinuhe Wallinheimo | Finlandia |
2009-2010 | TPS | Ilari Filppula | Finlandia |
2010-2011 | HIFK | Toni Söderholm | Finlandia |
2011-2012 | JYP | Jani Tuppurainen | Finlandia |
2012-2013 | Ässät | Antti Raanta | Finlandia |
2013-2014 | Kärpät | Juhamatti Aaltonen | Finlandia |
2014-2015 | Kärpät | Joonas Donskoi | Finlandia |
2015-2016 | Tappara | Patrik Laine | Finlandia |
2016-2017 | Tappara | Jukka Peltola | Finlandia |
2017-2018 | Kärpät | Julius Junttila[15] | Finlandia |
2018-2019 | HPK | Otto Paajanen | Finlandia |
2019-2020 | |||
2020-2021 | Lukko | Eetu Koivistoinen | Finlandia |
2021-2022 | Lukko | Joona Luoto[16] | Finlandia |
Kärpät é o equipo cuxos xogadores gañaron máis veces o trofeo, cun total de seis xogadores distintos galardoados para un total de sete trofeos para o equipo de Oulu. Xogadores doutros sete equipos gañaron o Trofeo Jari Kurri:
Equipo | Nº de xogadores | Total trofeos |
---|---|---|
Kärpät | 6 | 7 |
Jokerit[a] | 4 | 4 |
TPS | 4 | 4 |
Tappara | 4 | 4 |
JYP | 3 | 3 |
HIFK | 2 | 2 |
HPK | 2 | 2 |
Ässät | 1 | 1 |
Lukko | 2 | 2 |
Equipos | |
---|---|
Tempadas |
|
Antigos equipos | |
Estadios |
|