Tipo | premio deportivo |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Epónimo | Aarne Honkavaara |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Vixencia | 1978 – |
O Trofeo Aarne Honkavaara (en finés Aarne Honkavaara -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia, a SM-liiga. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada tempada 1977-78, e recoñece o máximo goleador durante a liga regular. Dende a 1995 recibe o seu nome en honor do ex xogador do Ilves e a selección finlandesa Aarne Honkavaara.
Con cinco trofeos conseguidos ao longo da súa carreira, Arto Javanainen é o xogador que máis veces foi o máximo goleador da liga regular, gañando catro deles cos Ässät da súa Pori natal, e un co TPS de Turku.[1]
Como ocorre con outros trofeos individuais da SM-liiga, o Trofeo Aarne Honkavaara recibe o seu nome en honor a unha personalidade destacada da historia do hóckey sobre xeo Finlandés. Entregado oficialmente dende a tempada 1977-78, se ben as primeiras veces que se premiou ao máximo goleador da SM-liiga o premio non recibía ningún nome en particular, dende 1995 este trofeo e nomeado en honor ao ex xogador Aarne Honkavaara,[2] quen xogou toda a súa carreira como xogador no Ilves de Tampere na SM-sarja.[a][3] Honkavaara salientou como atacante ao longo da súa curta traxectoria, que se interrompeu cando tiña 29 anos a causa dunha lesión cando estaba a xogar coa súa selección nacional.[4]
O Trofeo Aarne Honkavaara recoñece ao máximo goleador da SM-liiga durante a liga regular.[5] Entregouse por primeira vez na tempada 1977–78, e o primeiro xogador en conquistar o trofeo foi o finlandés Markku Kiimalainen, do Kärpät de Oulu. Foi precisamente esa mesma tempada cando a liga comezou a premiar aos xogadores máis destacados, mais non foi ata a década de 1990 cando estes galardóns comezaron a nomearse en honor ás lendas do hóckey sobre xeo finlandés.[2][6]
Na tempada 1987–88, o xogador de TPS Arto Javanainen conseguiu o rexistro récord de 47 goles anotados na liga regular, a pesar do cal o seu equipo non conseguiu a clasificación para os play-offs ao finalizar na quinta posición con dous puntos menos que Lukko.[7] En 2020 ningún xogador conseguira superar a marca de Javanainen.
O primeiro xogador nado fóra de Finlandia en conseguir o galardón foi o checo Tomáš Kapusta, quen anotou 30 goles para o HPK de Hämeenlinna durante a tempada 1992–93.[8] Dous anos máis tarde, en 1995 bautizouse o trofeo co nome do antigo xogador do Ilves Aarne Honkavaara.[2]
Na tempada 2019–20 o xogador de JYP Julius Nättinen fíxose co trofeo ao anotar 33 goles.[9] Por mor da panedmia por coronavirus, esa tempada a liga regular non se completou e o seu equipo, como case todos os da Liiga, disputou 59 partidos en lugar dos 60 que se debían xogar.[10]
Tempada | Equipo | Xogador | Goles | Nacionalidade | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
1977–78 | Kärpät | Markku Kiimalainen | 31 goles | Finlandia | [12] |
1978–79 | Ässät | Kari Makkonen | 36 goles | Finlandia | [13] |
1979–80 | HIFK | Matti Hagman | 37 goles | Finlandia | [14] |
1980–81 | Ässät | Arto Javanainen | 37 goles | Finlandia | [15] |
1981–82 | TPS | Reijo Leppänen | 33 goles | Finlandia | [16] |
1982–83 | Ilves | Raimo Summanen | 45 goles[b] | Finlandia | [17] |
1983–84 | Ässät | Arto Javanainen (2.) | 37 goles | Finlandia | [18] |
1984–85 | Ilves | Mikko Mäkelä | 34 goles | Finlandia | [19] |
1985–86 | Ässät | Arto Javanainen (3.) | 44 goles | Finlandia | [20] |
1986–87 | JyP HT | Risto Kurkinen | 41 goles | Finlandia | [21] |
1987–88 | TPS | Arto Javanainen (4.) | 47 goles[c] | Finlandia | [22] |
1988–89 | TPS | Jukka Vilander | 43 goles | Finlandia | [23] |
1989–90 | Ilves | Raimo Summanen (2.) | 39 goles | Finlandia | [24] |
1990–91 | Ässät | Arto Javanainen (5.) | 35 goles | Finlandia | [25] |
1991–92 | Jokerit | Teemu Selänne | 39 goles | Finlandia | [26] |
1992–93 | HPK | Tomáš Kapusta | 30 goles | República Checa | [8] |
1993–94 | TPS | Marko Jantunen | 29 goles | Finlandia | [27] |
1994–95 | HPK | Kai Nurminen | 30 goles | Finlandia | [28] |
1995–96 | Lukko | Juha Riihijärvi | 28 goles | Finlandia | [29] |
1996–97 | Jokerit | Petri Varis | 36 goles | Finlandia | [30] |
1997–98 | SaiPa | Dale McTavish | 25 goles | Canadá | [31] |
1998–99 | Jokerit | Pasi Saarela | 38 goles | Finlandia | [32] |
1999–00 | TPS | Kai Nurminen (2.) | 41 goles | Finlandia | [33] |
2000–01 | HIFK | Jaroslav Bednář | 32 goles | República Checa | [34] |
2001–02 | Ilves | Vesa Viitakoski | 34 goles[d] | Finlandia | [35] |
2002–03 | HPK | Tomáš Kucharčík | 28 goles | República Checa | [36] |
2003–04 | HIFK | Timo Pärssinen | 32 goles | Finlandia | [37] |
2004–05 | Lukko | Pasi Saarela (2.) | 31 goles | Finlandia | [38] |
2005–06 | HIFK | Tony Salmelainen | 27 goles | Finlandia | [39] |
2006–07 | Jokerit | Jani Rita | 32 goles | Finlandia | [40] |
2007–08 | Kärpät | Janne Pesonen | 34 goles | Finlandia | [41] |
2008–09 | HPK | Jussi Makkonen | 27 goles | Finlandia | [42] |
2009–10 | Jokerit | Jukka Hentunen | 28 goles[e] | Finlandia | [43] |
2010–11 | Jokerit | Janne Lahti | 37 goles | Finlandia | [44] |
2011–12 | Ässät | Tomáš Záborský | 35 goles | Eslovaquia | [45] |
2012–13 | Kärpät | Juha-Pekka Haataja | 28 goles | Finlandia | [46] |
2013–14 | Tappara | Olli Palola | 27 goles | Finlandia | [47] |
2014–15 | Tappara | Olli Palola (2.) | 29 goles | Finlandia | [48] |
2015–16 | SaiPa | Chad Rau | 28 goles | Estados Unidos | [49] |
2016–17 | Tappara | Veli-Matti Savinainen | 30 goles | Finlandia | [50] |
2017–18 | Kärpät | Charles Bertrand | 32 goles | Francia | [51] |
2018–19 | KooKoo | Malte Strömwall | 30 goles | Suecia | [52] |
2019–20 | JYP | Julius Nättinen | 33 goles | Finlandia | [9] |
2020–21 | Ässät | Sebastian Wännström | 33 goles | Suecia | [53] |
2021–22 | Tappara | Anton Levtchi | 26 goles | Finlandia | [54] |
O equipo para o que máis xogadores alzaron o trofeo é Jokerit de Helsinqui, cun total de seis xogadores, cada un cun trofeo.[f] Os dous equipos que máis xogadores achegaron ao palmarés do galardón foron o propio Jokerit e Ässät, con seis títulos cada un, se ben só tres xogadores alzaron o trofeo xogando no equipo de Pori. Xogadores doutros dez equipos gañaron o trofeo Aarne Honkavaara ata a tempada 2019-2020:
Equipo | Nº de xogadores | Total trofeos |
---|---|---|
Ässät | 4 | 7 |
Jokerit | 6 | 6 |
TPS | 5 | 5 |
Kärpät | 4 | 4 |
HIFK | 4 | 4 |
HPK | 4 | 4 |
Ilves | 3 | 4 |
Tappara | 2 | 3 |
JYP | 2 | 2 |
Lukko | 2 | 2 |
SaiPa | 2 | 2 |
KooKoo | 1 | 1 |
Antes da creación do galardón os máximos goleadores da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés foron os seguintes:[56]
Tempada | Equipo | Xogador |
---|---|---|
1977 | Tappara | Matti Jarkko |
1976 | Lukko | Jouni Rinne |
1975 | TPS | Seppo Repo |
1974 | HIFK TuTo Jokerit |
Matti Hagman Reijo Leppänen Timo Turunen |
1973 | Jokerit | Timo Turunen |
1972 | Ilves | Pekka Leimu |
1971 | HIFK | Juha Rantasila |
1970 | Ilves | Lasse Oksanen |
1969 | Ilves | Pekka Leimu |
1968 | Ilves | Pekka Leimu |
1967 | RU-38 | Matti Keinonen |
1966 | Ilves | Jorma Peltonen |
1965 | HIFK | Gerald Sullivan |
1964 | Tappara | Timo Ahlqvist |
1963 | Lukko | Pentti Jokinen |
1962 | HJK TK-V |
Pentti Katainen Erkki Suokko |
1961 | Tappara | Timo Ahlqvist |
1960 | TK-V | Heino Pulli |
1959 | KalPa | Ossi Hyppönen |
1958 | KalPa | Ossi Hyppönen |
1957 | Jymy | Eino Pollari |
1956 | Tappara | Esko Rekomaa Yrjö Hakala |
1955 | HIFK | Esko Rekomaa |
1954 | HPK | Yrjö Hakala |
1953 | KIF | Aarre Klinga |
1952 | Ilves | Aarne Honkavaara |
1951 | Tarmo | Matti Karumaa |
1950 | Tarmo | Matti Karumaa Keijo Kuusela |
1949 | Tarmo | Matti Karumaa |
1948 | Ilves | Aarne Honkavaara |
1947 | Tarmo | Keijo Kuusela |
1946 | Ilves | Aarne Honkavaara |
1945 | Tarmo KIF |
Keijo Kuusela Erik Hedman |
1944 | Ilves | Aarne Honkavaara Matti Rintakoski |
1943 | TPS | Anton Honka |
1941 | KIF | Holger Granström |
1939 | KIF | Holger Granström |
1938 | Ilves KIF |
Matti Wasama Edmund Sjöberg |
1937 | Ilves | Jussi Tiitola |
1936 | Ilves | Jussi Tiitola |
1935 | Ilves | Jussi Tiitola |
1934 | Ilves HPS |
Jaakko Tiitola Holger Stordell (Sarmola) |
Equipos | |
---|---|
Tempadas |
|
Antigos equipos | |
Estadios |
|