Axente libre | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 18 de setembro de 1984 (39 anos) Starkville, Mississippi |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 94 kg (207 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Starkville |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 23 Por Portland Trail Blazers |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
Portland Trail Blazers (2003-2010) Los Angeles Clippers (2010) New Jersey Nets (2010-2011) Sacramento Kings (2011-presente) Sacramento Kings (2011-2014) | |
Información en nba.com |
Travis Marquez Outlaw, nado o 18 de setembro de 1984 en Starkville, Mississippi, é un xogador americano de baloncesto profesional que é axente libre.
Entrou no Draft da NBA de 2003 directamente do instituto de Starkville, Mississippi, onde foi escollido na 23ª posición polos Portland Trail Blazers. Nos seus primeiros cinco anos na NBA, Outlaw fixo 8.6 puntos e 3.2 rebotes por partido, cun 44.2% en tiros de campo.
Na NBA Summer League de Las Vegas, Outlaw acadou 18.7 puntos e 6.3 rebotes en 35.5 minutos por partido.[1] Despois da liga de verán, moitos equipos ofreceron un traspaso por Outlaw a cambio dunha elección de primeira rolda. Pero nos Blazers quedaron co xogador, dicindo que ía estar con eles moito tempo.[2]
O 18 de abril de 2007, Outlaw conseguiu a maior marca de puntos na súa carreira, con 36, contra os Golden State Warriors.[3] Converteuse en axente libre restrinxido o 1 de xullo de 2007, e asinou o 17 de xullo unha extensión do seu contrato por 3 anos.[4]
En febreiro de 2010, os Trail Blazers traspasaron a Outlaw, xunto a Steve Blake e 1.5 millóns de dólares aos Los Angeles Clippers a cambio de Marcus Camby.[5]
O 8 de xullo de 2010, Outlaw asinou un contrato por 5 anos cun valor de 35 millóns de dólares cos New Jersey Nets.