Axente libre | |
Posición | Escolta |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 12 de maio de 1980 (44 anos) Washington, D.C. |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | DeMatha Catholic |
Universidade | Kentucky (1999–2003) |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 2 / Elección: 43 Por Milwaukee Bucks |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
Orlando Magic (2003–2004) Charlotte Bobcats (2004–2006) Houston Rockets (2006) Orlando Magic (2006–2009) Milwaukee Bucks (2009) San Antonio Spurs (2009–2010) Chicago Bulls (2010–2011) New Jersey / Brooklyn Nets (2012–2013) Boston Celtics (2013–2014) | |
Información en nba.com |
Keith Ramon Bogans, nado o 12 de maio de 1980 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
Bogans foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Milwaukee Bucks, pero foi traspasado o mesmo día do Draft aos Orlando Magic. Bogans xogou de titular na metade dos partidos na súa tempada coma rookie, acadando 6.8 puntos, 4.3 rebotes e 2.9 asistencias por partido.
Os Magic decidiron traspasar a Bogans aos Charlotte Bobcats a cambio de Brandon Hunter o 1 de novembro de 2004. Bogans continuou medrando coma xogador para os Bobcats na tempada 2004-05, sendo titular en 42 de 76 partidos, e facendo 9.6 puntos por encontro.
O 9 de febreiro de 2006, Bogans foi traspasado aos Houston Rockets por Lonny Baxter. Coma curiosidade, Chuck Hayes e Gerald Fitch, antigos compañeiros de Bogans na Universidade de Kentucky, xunto a el mesmo, foron nalgún momento membros dos Rockets.
Bogans asinou de novo cos Magic en xullo de 2006 coma axente libre.[1]
O 22 de novembro de 2008, Bogans, de titular no primeiro partido[2] da tempada 2008-09, mancouse na súa man no partido contra os Houston Rockets.[3] Perderíase entre 4-6 semanas de liga.[3] Con todo, recuperouse moito antes do previsto, o 3 de decembro,[4] e coma se esperaba,[5] volveu o 5 de decembro contra os Oklahoma City Thunder, anotando 9 puntos en 26 minutos.[6][7]
O 5 de febreiro de 2009, Bogans foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio de Tyronn Lue e diñeiro.[8][9]
Bogans asinou polos San Antonio Spurs en setembro de 2009.[10] Durante a tempada 2009-10 cos Spurs, Bogans anotou 17 puntos, a súa mellor marca da tempada contra os Minnesota Timberwolves o 13 de abril de 2010.[11]
Bogans fichou polos Chicago Bulls o 11 de agosto de 2010.[12] Durante a tempada regular 2010-11, Bogans foi titular para os Bulls, e acadou 4.4 puntos, 1.8 rebotes e 1.2 asistencias.
O 15 de marzo de 2011, Bogans anotou 17 puntos, mellor marca da tempada, na vitoria contra os Washington Wizards para axudar aos Bulls a asegurar a primeira praza da Conferencia Leste.[13] Bogans ademais anotou 15 puntos no quinto partido na primeira rolda dos Playoffs contra os Indiana Pacers, onde os Bulls conseguiron o seu pase á segunda rolda.[14]
En decembro de 2011, foi cortado polos Bulls.
O 1 de febreiro de 2012, os New Jersey Nets ficharon a Bogans. Tras unha lesión contra os Detroit Pistons o 8 de febreiro, foi cortado polos Nets uns días máis tarde,[15] pero asinou de novo con eles no verán de 2012.[16]
Bogans foi renovado e traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013, como parte dun traspaso que mandou a Kevin Garnett e a Paul Pierce ós Nets.[17]