Thalassiosira pseudonana
Clasificación científica
Reino: Chromalveolata
Filo: Heterokontophyta
Clase: Coscinodiscophyceae
Orde: Thalassiosirales
Familia: Thalassiosiraceae
Xénero: Thalassiosira
Especie: T. pseudonana
Nome binomial
Thalassiosira pseudonana
(Cleve, 1873)

Thalassiosira pseudonana é unha especie de diatomea mariña céntrica. Foi elixida como a primeira especie do fitoplancto eucariota mariño á que se faría unha secuenciación xenómica completa.[1] Foi seleccionada para este estudo porque é un modelo para estudos sobre fisioloxía de diatomeas, pertence a un xénero de ampla distribución nos océanos do mundo, e ten un xenoma relativamente pequeno de 34 megapares de bases. Posteriormente secuenciouse tamén a diatomea Phaeodactylum tricornutum. Os científicos están investigando a absorción de luz polas diatomeas, utilizando como modelos as diatomeas Thalassiosira. Unha forma obtida por enxeñaría desta diatomea foi considerada como un potencial vehículo para a administración de fármacos no tratamento do cancro con fármacos de quimioterapia que son pouco solubles en auga.[2]

O clon de T. pseudonana que foi secuenciado foi o CCMP 1335 e está dispoñible no National Center for Marine Algae and Microbiota do Bigelow Laboratory for Ocean Sciences de Maine, Estados Unidos. Este clon foi recolectado orixialmente en 1958 en Moriches Bay (Long Island, Nova York) e foi mantido en cultivo continuamente.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Armbrust, E.; Berges, J.; Bowler, C.; Green, B.; Martinez, D.; Putnam, N.; Zhou, S.; Allen, A.; Apt, K.; Bechner, M.; Brzezinski, M. A.; Chaal, B. K.; Chiovitti, A.; Davis, A. K.; Demarest, M. S.; Detter, J. C.; Glavina, T.; Goodstein, D.; Hadi, M. Z.; Hellsten, U.; Hildebrand, M.; Jenkins, B. D.; Jurka, J.; Kapitonov, V. V.; Kröger, N.; Lau, W. W.; Lane, T. W.; Larimer, F. W.; Lippmeier, J. C.; Lucas, S. (2004). "The genome of the diatom Thalassiosira pseudonana: ecology, evolution, and metabolism". Science 306 (5693): 79–86. Bibcode:2004Sci...306...79A. PMID 15459382. doi:10.1126/science.1101156. 
  2. http://www.nature.com/ncomms/2015/151110/ncomms9791/full/ncomms9791.html

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]