Coordenadas: 34°30′N 109°18′L / 34.50, 109.30O terremoto de Shaanxi ou o terremoto do Condado de Hua é o terremoto máis mortífero do que se ten constancia, no cal morreron aproximadamente 830.000 persoas.[1] Ocorreu na mañá do 23 de xaneiro de 1556 en Shaanxi, China. Máis de noventa e sete condados nas provincias de Shaanxi, Shanxi, Henan, Gansu, Hebei, Shandong, Hubei, Hunan, Jiangsu e Anhui foron afectados.[2] Unha área de 836 km de ancho foi destruída e nalgúns condados morreu o 60% da poboación.[3] Até ese momento, a poboación vivía maiormente en covas artificiais en cantís de loess, que se derrubaron durante o desastre.
O terremoto ocorreu no reinado do Emperador Jiajing, da dinastía Ming.
Algunhas estimacións actuais, baseadas en datos xeolóxicos, dan unha magnitude aproximada de 8 graos na escala de Richter ao terremoto. Aínda que foi o terremoto máis mortífero e o quinto desastre natural con máis mortes da historia, houbo terremotos con magnitudes maiores. As réplicas continuaron pouco despois entre un mes até medio ano.[2] O epicentro foi no condado de Hua preto do Monte Hua en Shaanxi (latitude 34,5, lonxitude 109,7).
Nos anais da China[4] foi descrito como:
O terremoto danou severamente moitas das estelas do Bosque de Pedra. Das 114 Pedras Clásicas Kaicheng, romperon 40 no terremoto.[5]
O erudito Qin Keda sobreviviu ao terremoto e rexistrou detalles deste. As súas conclusións deste terremoto incluíron que «no comezo do terremoto, a xente que está dentro non pode saír inmediatamente. Só poden agacharse e esperar unha oportunidade. Mesmo se o niño se colapsaba, algúns ovos podían manterse aínda intactos».[2] Isto pode indicar que moitas persoas morreron tentando fuxir mentres algúns que quedaron quietos puideron sobrevivir.
A sacudida reduciu a altura do Pagode do Pequeno Ganso Silvestre en Xi'an de 45 m a 43,4 m.
Millóns de persoas vivían nesa época en covas artificiais de loess en altos cantís na área da Meseta de Loess. O loess é o nome do chan sedimentado que as tormentas de vento depositaron na meseta a través dos anos. A branda masilla de loes estivo a formarse por millóns de anos debido a que o vento transportaba sedimentos á área desde o Deserto de Gobi. O loess é un chan altamente propenso á erosión así que é susceptible ao vento e á auga. A Meseta de Loess e o seu poeirento chan cubriron case todas as provincias de Shaanxi, Shanxi e Gansu entre outras. A maioría da poboación vivía en residencias chamadas yaodongs, neses cantís. Esta foi a causa da gran cantidade de persoas mortas, xa que o terremoto causou escorregadas de terra que destruíron as covas.
Terremotos con maior cantidade de vítimas | ||||
---|---|---|---|---|
Posición | Terremoto | País | Ano | Vítimas |
1 | «Shaanxi» | China | 1556 | 830.000 |
2 | «Océano Índico» | Indonesia | 2004 | 283.100 |
3 | «Tangshan» | China | 1976 | 242.000 |
4 | «Gansu» | China | 1920 | 235.502 |
5 | «Alepo» | Siria | 1138 | 230.000 |
O custo dos danos provocados polo terremoto é case imposible de determinar en termos modernos. A cantidade total de mortes, con todo, estimouse tradicionalmente en 830.000. O dano causado nas propiedades debeu ser tan grande que é imposible de calcular, xa que unha rexión enteira do interior da China foi destruída e aproximadamente o 60% da poboación da rexión foi aniquilada. O custo dos danos puido ser o equivalente aos que se causarían por unha destrución absoluta debida á detonación dunha bomba nuclear (sen considerar os efectos posteriores).
O terremoto de Shaanxi, con todo, non foi o peor desastre da historia da China. De feito, decenas de millóns de chineses morreron durante os Tres Anos de Desastres Naturais de 1959 a 1961.