Coordenadas: 42°30′N 103°00′L / 42.5, 103

Mapa do deserto do Gobi
Localización do deserto do Gobi

O deserto do Gobi é unha vasta rexión desértica comprendida entre o norte da China e o sur da Mongolia. A cunca desértica está delimitada polas montañas Altai, a estepa de Mongolia, a meseta do Tíbet e a chaira do norte da China. O nome Gobi significa "deserto" en mongol.

É o deserto areento máis setentrional de todos, no que viven algúns animais raros tales como o camelo bactriano (de dúas corcovas) e o rarísimo cabalo de Przewalski.

O Gobi esténdese sobre 1.600 km do suroeste ao nordeste e sobre 800 km do norte ao sur. A súa superficie estimase en 1 300 000 km², o que o fai o un dos máis grandes desertos do mundo. Contrariamente ás imaxes frecuentemente asociadas aos desertos, o Gobi non está recuberto de area senón sobre todo de pedras.

O deserto de Gobi é coñecido no mundo da Paleontoloxía pola riqueza e calidade dos seus restos fóseis, entre os que foron descritas pola primeira vez moitas especies de dinosauros.

Clima

O clima do Gobi presenta importantes variacións segundo a estación. Entre a noite e mailo día, pódese observar unha amplitude térmica de 32 °C.

... Ulan Bator (1150 m) Sivantesa (1190 m)
Media anual -2.5 °C +2.8 °C
Media xaneiro -26.5 °C -16.5 °C
Media xullo 17.5 °C 19.0 °C
Extremas 38.0 °C e -43 °C 33.9 °C e -47 °C

Ecorrexións

O Gobi pode ser dividido en varias rexións :

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.