Tangled | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tangled |
Director | Nathan Greno Byron Howard |
Produtor | Roy Conli John Lasseter Glen Keane |
Guión | Dan Fogelman |
Intérpretes | Mandy Moore Zachary Levi Donna Murphy |
Música | Alan Menken |
Montaxe | Tim Mertens |
Estudio | Walt Disney Animation Studios |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 2010 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Orzamento | $260 000 000[1] |
Recadación | $591 800 000 |
Na rede | |
https://movies.disney.com/tangled | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tangled é un filme estadounidense de animación dos estudios Disney, dirixido por Nathan Greno e Byron Howard e estreado no 2010. O filme é a 50ª animación do estudio, e é levemente baseado no conto de fadas alemán Rapunzel, dos Irmáns Grimm. Estreouse en Galiza en 2010 en castelán co título Enredados (Entrelaçados en Portugal).
Flynn Rider, o máis buscado e encantador bandido do reino, agóchase nunha misteriosa torre e alí atópase con Rapunzel, unha fermosa e espelida rapaza cun cabelo dourado de 21 metros de longo, que vive encerrada alí dende fai anos. A partir do intre en que se coñecen vivirán emocionantes aventuras en compaña dun cabalo policía, un camaleón sobreprotector e un grupo de matóns.
Tangled estivo en produción durante seis anos, custando máis de 260 millóns de dólares.[2]. Orixinalmente anunciouse en abril de 2007 que Dean Wellins ía codirixir o filme xunto con Glen Keane.[3] pero o 9 de outubro de 2008 anunciouse que ían ser substituídos por Byron Howard e Nathan Greno, que xa colaboraran no filme de 2008 Bolt. Keane permaneceu como un produtor executivo e supervisor da animación, mentres Wellins quedaba fóra da produción.[4]