SEGA | |
---|---|
Tipo | negocio, empresa, desenvolvedora de videoxogos e distribuidora de videoxogos |
Data de fundación | 3 de xuño de 1960 |
Nº de empregados | 5.349 (valor descoñecido) |
Traballos destacados | The House of the Dead, Die Hard Arcade, Flashgal, Crazy Taxi, Out Run, Zaxxon, Golden Axe, Alien Storm e Action Fighter |
Eventos/Actividades | Sega 2011 data breach |
Organización matriz | SEGA Group Corporation |
Organización subsidiaria | Atlus, The Creative Assembly, Hardlight, Sega-AM2, Sonic Team, Relic Entertainment, Sega Toys, SEGA of America, SEGA Europe, Sega Wow e Smilebit |
Sede | Shinagawa |
País | Xapón |
Na rede | |
https://www.sega.com, https://www.sega.co.jp, http://sega-games.co.jp/ e https://www.sega.co.jp/release/sega-games/index.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
SEGA (株式会社セガ) é unha compañía internacional de videoxogos que traballa en software e hardware. Nos principios do ano 2001, Sega deixou de facer videoconsolas, e agora só traballa en xogos doutras consolas e máis en máquinas de salóns recreativos (arcade).
As oficinas principais de Sega, tamén denominadas as de SEGA of Japan, están sitas en Toquio, Xapón. As oficinas norteamericanas, os de SEGA of America, están localizadas en San Antonio (Texas, EUA). As oficinas Europeos, de SEGA of Europe, localízanse en Londres (Inglaterra).
SEGA foi fundada no 1940 co nome de Standard Games en Honolulú (Hawai), por Martin Bromely, Irving Bromberg, e James Humpert. En 1951, Bromely quixo mover a compañía a Toquio (Xapón), e en maio do 1952, Service Games of Japan foi rexistrado.
No 1954, outro estadounidense, David Rosen, namorouse de Toquio e fundou a súa propia compañía, Rosen Enterprises, Inc. no Xapón. A súa compañía empezou a importar xogos de arcade. Rosen Enterprises e Service Games of Japan combináronse en 1965, e formaron SEGA Enterprises. Ao cabo dun ano, o videoxogo Periscope, un simulador, foi lanzado.
No 1969, Gulf and Western Industries compraron Sega Enterprises, e Rosen quedou como CEO da división de Sega. Liderado por Rosen, Sega continuou a crecer. Nos salóns recreativos, Sega foi coñecida polos xogos Frogger e Zaxxon. No 1983, Sega lanzou a súa primeira videoconsola, o SG-1000.
No mesmo ano tivo lugar a crise dos videoxogos de 1983. Con poucos cartos, Gulf & Western vendeu a parte de Sega dos EUA a Bally Manufacturing Corporation. A parte xaponesa de SEGA foi comprada por 38 millóns de dólares por un grupo liderado por Rosen e Hayao Nakayama, un negociante xaponés. Nakayama foi o novo CEO de SEGA no Xapón, e Rosen foi o xefe nos EUA.
No 1984, a compañía xaponesa CSK comprou SEGA, e cambiou o nome a SEGA Enterprises Ltd, con sede no Xapón. No 1986, creouse Sega of America e lanzou o primeiro xogo de Alex Kidd, Alex Kidd in Miracle World.
En 1990 Sega cambiou a unha nova mascota, Sonic the Hedgehog, e empezou a tentar vender xogos a xente máis vella. Combinado co Mega Drive e Genesis, Sega controlaba o 65 % do mercado de videoxogos na América do Norte. Porén, no 1994 o poder de SEGA caeu ao 35 % despois de que Nintendo tivo éxito con xogos para o Super Nintendo Entertainment System, como Donkey Kong Country e Super Metroid.
No 1994, Sega lanzou o Sega Saturn no Xapón e máis na América do Norte no 1995. O Saturn tivo éxito no Xapón, pero fracasou case completamente na América do Norte. Sega lanzou o Sega Dreamcast no Xapón o 27 de novembro de 1998, na América do Norte o 9 de setembro de 1999, e o 14 de outubro de 1999 na Europa. No 2000, Sega Enterprises Ltd trocou o seu nome a Sega Corporation.
No 2001 Sega parou de fabricar a Dreamcast por mor de que a Dreamcast foi superada en vendas pola Playstation 2 e a Sega non podía competir con Sony. O Dreamcast, aínda que non tivo moito éxito, ten moitos fans, especialmente no Xapón.
Dende o 2001, Sega só traballa en xogos de arcade e xogos para videoconsolas doutras compañías. En agosto do 2003, a compañía CSK vendeu 22% de Sega á compañía Sammy. No 2004, Sammy comprou a maioría de Sega Corporation por US$1.1 mil millóns, e formaron a compañía Sega Sammy Holdings.
No 25 de xaneiro de 2005, Sega vendeu Visual Concepts, o cal traballaba en varios xogos de Sega Sports, como os series NFL2K e NBA2K, a Take Two Interactive por US$24 millóns.
No 9 de marzo de 2005, Sega adquiriu Creative Assembly, creador dos xogos Medieval: Total War e Rome: Total War.
A primeira videoconsola da Sega foi o SG-1000, lanzado no Xapón no 1983. O SG-1000 non foi lanzado na América do Norte, pero lanzouse na Australia, en Nova Zelandia, e nalgunhas nacións europeas, como a Italia e máis a España.
No 1984, Sega lanzou o SG-1000 Mark II e unha versión de ordenador, o SC-3000. O SG-1000 e o SG-1000 Mark II tiveron pouco éxito comparado co Famicom de Nintendo.
Ampliacións:
Sega inventou moitas series de xogos nos últimos quince anos:
Internamente, a compañía tiña varios equipos de xogos creados nos anos 80, chamados os equipos AM.
Nome orixinal. | Nome (despois do 2000). | Xogos. |
---|---|---|
AM1 | Wow Entertainment | House of the Dead, Sega Bass Fishing, Die Hard Arcade, Dynamite Cop. |
AM2 | Sega-AM2 | Virtua Fighter, Virtua Cop, Daytona USA, Out Run, Shenmue, Space Harrier, After Burner, Ferrari F355 Challenge, Fighting Vipers. |
AM3 | Hitmaker | Crazy Taxi, Virtual On e Virtua Tennis. |
AM4 | Amusement Vision, Ltd. | Super Monkey Ball, Virtua Striker, F-Zero GX/F-Zero AX. |
AM5 | Sega Rosso | Initial D Arcade Stage. |
AM6 | Smilebit | Jet Set Radio, Panzer Dragoon Orta. |
AM7 | Overworks | Streets of Rage, Shinobi, Skies of Arcadia, Phantasy Star. |
AM8 | Sonic Team | Sonic the Hedgehog, NiGHTS Into Dreams, Burning Rangers]], Chu Chu Rocket, Phantasy Star Online, Puyo Pop, Billy Hatcher. |
AM9 | SEGA United Game Artists | Sega Rally Championship, Sega Rally 2, Space Channel 5, Rez. |
Digital Media | Wave Master | Son e música. |
Despois do primeiro xogo de Sonic the Hedgehog, Sega AM8 cambiou o seu nome a Sonic Team. No 2003 United Game Artists combinouse con Sonic Team.
Sega ten unha longa historia de lemas orixinais.