Rumex

A carvea (Rumex crispus)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Polygonaceae
Xénero: Rumex
L.
Especies

Véxase no texto

Sinonimia

Lapathum Mill., Gard. Dict. Abr., ed. 4, 1754 non Lapathum Adans, Fam. Pl., (Adanson) 2: 277, 1763
Bucephalophora Pau, Not. Bot. Fl. España, 1, 1887

Rumex é un xénero de plantas dicotiledóneas da familia Polygonaceae, familia á que, xunto co xénero Polygonum, fornecen o 90% de especies.[1] Inclúe unhas 120 especies aceptadas,[1] se ben a sinonimia complica a súa nomenclatura.[2] O xénero inclúe a R. bucephalophorus, especie moi común, e outras tan populares como Rumex scutatus e Rumex induratus), que son empregadas como ensalada. Outras especies do xéneno son a aceda ou acedeira (Rumex acetosa), a carvea (Rumex crispus), as labazas ou lampazas (Rumex obtusifolius, Rumex pulcher ou Rumex friessii);

Etimoloxía

Do latín rŭmex, rumǐcis, xa recollido por Plinio o Vello para designar o xénero na súa época (quod... appellant, nostri vero rumicem, alii lapathum canterinum - que nós [os latinos] chamamos rumex, e outros lapathum canterinum) (XX, 85).

Especies

Aceda (Rumex acetosa)
Rumex alpinus
Rumex britannica
Rumex bucephalophorus, hábito
Rumex maritimus
Rumex obtusifolius
Rumex thyrsiflorus
Rumex trianguivalvis

Notas

  1. 1,0 1,1 Izco, J.; et al. (2004). Botánica. McGraw-Hill Interamericana de España, S.A.U. - Madrid. ISBN 84-486-0609-4. , p. 531
  2. [1] Especies aceptadas y sinónimos específicos en The Plant List

Véxase tamén

Ligazóns externas