Coordenadas: 43°21′41″N 8°24′57″O / 43.361518524193, -8.4158997590778
Rolda de Nelle | |
---|---|
Rolda de Nelle | |
Tipoloxía | Rolda de circunvalación |
Dimensións | |
Formato | 2 ou 3 carrís por sentido |
Localización | |
Inicio | Rúa de Fernando Rey, baixo a avenida de Alfonso Molina |
Fin | Rúa de Gregorio Hernández |
Localidade | A Coruña |
Como chegar | |
Bus | |
Circulación | |
Tránsito | Peonil e rodado |
Confluencias principais
|
A rolda de Nelle é unha das principais vías urbanas da Coruña. Vai dende Catro Camiños ata a rúa de Gregorio Hernández, un tramo do paseo de Rolda.
Partindo da igrexa de San Pedro de Mezonzo, a rolda de Nelle rodea ou atravesa algúns dos barrios máis poboados da cidade, como a Agra do Orzán, o paseo das Pontes, os Mallos e a Falperra.
A rolda de Nelle aparece ideada tal como se construíu no Plan de 1948 de Jacobo Rodríguez-Losada e Pablo Iglesias Atocha. Este plan supuxo a modificación do proxecto de ordenamento encargado polo concello a César Cort en 1945, no que se recollían algunhas vías de circunvalación para a cidade, incluídos algúns tramos da rolda de Nelle.[1] Unha parte da rolda construíuse sobre a fábrica de mistos La Vasco-Galaica.[2]
O nome de Nelle deullo o pequeno núcleo rural que existía nas proximidades do parque de Santa Margarida.[3]
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Rueiro da Coruña | |
---|---|
Avenidas |
|
Calellos, camiños e quellas |
|
Estradas |
|
Paseos |
|
Prazas |
|
Rondas | |
Rúas |
|