Coordenadas: 43°21′31″N 8°24′09″O / 43.358572182208, -8.4026101312404

Antiga fábrica de tabacos

A praza da Palloza é un espazo público do barrio de Catro Camiños na cidade da Coruña. Localízase fronte ao peirao homónimo do porto.[1]

A Palloza tamén dá nome á Costa da Palloza, unha das rúas laterais da praza.[2]

Historia

[editar | editar a fonte]
Monumento ás cigarreiras

A área da Palloza recibiu este nome dende tempos antigos.[3] Nesta zona situábase o cemiterio xudeu, do que se atoparon restos en 1869.[4][5]

En 1808 levantouse na praza a Fábrica de Tabacos.[3]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

O edificio máis importante da praza da Palloza é a Fábrica de Tabacos, cunha fachada deseñada polo arquitecto Antonio de Mesa en 1908.[3]

Tamén destacan o edificio dos números 2-3, realizado por Jacobo e Antón Rodríguez-Losada entre 1977-1980 e as vivendas da esquina coa rúa de Concepción Arenal, obra de Ramón Vázquez Molezún, Gerardo Salvador Molezún e Rafael Olalquiaga Soriano realizada entre 1968 e 1974.[6] Na praza sitúase o rañaceos coñecido como Torre Esmeralda pola cor da súa fachada.[7]

Na Costa da Palloza sitúase o edificio das Cigarreras, deseñado por Eduardo Rodríguez-Losada en estilo ecléctico entre 1932 e 1936.[8][9][10]

No centro da praza da Palloza sitúase o monumento ás cigarreiras, da escultora María Jesús Urgoiti.[11]

Galería

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. El Puerto renovará la imagen de las naves de los muelles de A Palloza
  2. La Xunta prevé implantar la entrada de 39 líneas de bus al centro en una sola fase
  3. 3,0 3,1 3,2 García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). A Coruña: Espacio Cultura. ISBN 978-84-938089-1-4. 
  4. Las lápidas del Corralón de la Palloza
  5. Un desagravio histórico con los judíos
  6. "42 km, 42 edificios". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de abril de 2018. 
  7. Edificios con nombre de pila
  8. PXOM da Coruña. Fernández Latorre-Catro Camiño
  9. Casa de las cigarreras
  10. Cuando el socorro tenía su casa en el antiguo “edificio de las cigarreras”
  11. "Grupo Coruña". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2018. Consultado o 29 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]