Rissa brevirostris
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Rissa
Especie: R. brevirostris
Nome binomial
Rissa brevirostris
(Bruch, 1853, noroeste de Norteamérica)

A Rissa brevirostris é unha especie de gaivota de distribución reducida no Pacífico subártico. Reprodúcese nas illas Pribilof, Bogoslof e Buldir do mar de Bering e nas illas Comandante. Diferénciase do máis común garrucho ou gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) pola cor das patas, que nesta especie son vermellas, e no garrucho son xeralmente negras. Algúns individuos de R. tridactyla poden ter tamén as patas vermellas, o que dificulta a identificación da especie. O bico é máis curto e as ás algo máis escuras. Os individuos novos son similares os adultos e non teñen as patas negras e unha banda en forma de W nas ás coma os exemplares inmaturos do garrucho. Coincide coa subespecie do océano Pacífico, Rissa tridactyla pollicaris, en ter o dedo posterior dos pés ben desenvolvido.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. BirdLife International (2013). "Rissa brevirostris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.