Radiotelescopio de Arecibo
Tiporadiotelescopio e telescópio gregoriano
Data de disolución1 de decembro de 2020
Nomeado en referencia aArecibo (Porto Rico), William E. Gordon e James Gregory
Eventos/Actividadesordem, construción, opening, Furacão Maria, retirada do servizo e destrución
PremiosElectrical Engineering and Computing Milestone e Historic Mechanical Engineering Landmark
EnArecibo (Porto Rico)
PaísEstados Unidos de América e Porto Rico
18°20′39″N 66°45′10″O / 18.344166666667, -66.752777777778
Na rede
http://www.naic.edu
editar datos en Wikidata ]

O radiotelescopio de Arecibo é un centro de observación astronómica situado no Estado Libre Asociado de Porto Rico, no concello de Arecibo. Estivo administrado desde 1966 até 2011 pola Universidade Cornell, e despois pasou a depender da National Science Foundation dos Estados Unidos de América.

Despois de case seis décadas de funcionamento, o que durante moito tempo foi o radiotelescopio maior e máis potente do mundo (hoxe en día éo o FAST chinés, de 500 m de diámetro[1]), no 2020 sufriu dúas roturas (en agosto e novembro) de cables de soporte da estrutura de recollida de sinais, pasando a ser perigoso. Decidiuse a retirada da cúpula gregoriana (a plataforma suspendida con cables) e o prato principal, despois de que caera o cable sobre esta placa reflectora.[2][3] Antes da súa retirada, a plataforma colapsou on 1 de decembro de 2020.

Tivo importancia en diversos campos da astronomía, sendo notorio na procura de vida extraterrestre co proxecto SETI.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Rus, Cristian (2020-06-02). "China en busca de vida extraterrestre: el gigantesco telescopio FAST buscará señales a partir de septiembre". Xataka (en castelán). Consultado o 2020-11-21. 
  2. Rus, Cristian (2020-11-19). "Es oficial, el Observatorio Arecibo será demolido: después de la rotura del segundo cable la estructura llega a su fin". Xataka (en castelán). Consultado o 2020-11-21. 
  3. Rus, Cristian (2020-11-09). "Un segundo cable se ha roto en el Observatorio Arecibo, causando aún más daños a la gigantesca estructura". Xataka (en castelán). Consultado o 2020-11-21.