Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1638 Drumoak (pt) |
Morte | 1675 (36/37 anos) Edimburgo |
Regius Professor of Mathematics (en) | |
1668 – 1674 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Escocia |
Relixión | Igrexa de Escocia |
Educación | Universidade de St Andrews Aberdeen Grammar School (pt) Universidade de Aberdeen Universidade de Padua Marischal College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas e astronomía |
Lugar de traballo | Escocia |
Ocupación | matemático , profesor universitario , inventor , astrónomo , escritor |
Empregador | Universidade de St Andrews Universidade de Edimburgo |
Membro de | Royal Society (1668–) |
Influencias | |
Lingua | Lingua latina |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Rev. John Gregorie (en) e Janet Anderson (en) |
Premios | |
James Gregory, nado en Drumoak, Aberdeenshire, no 1638[1] e finado en Edimburgo no 1675, foi un matemático e astrónomo escocés. Estudou no Marischal College da Universidade de Aberdeen e en 1663 estableceuse en Londres. En 1664 viaxou a Italia e traballou na Universidade de Padua xunto a Stefano degli Angeli.[2] Foi profesor nas universidades de St Andrews e Edimburgo.
Dise que foi o matemático inglés máis notable do seu século despois de Newton.[3] Nese eido, son destacables as súas aportacións na primeira demonstración do teorema fundamental do cálculo e polo descubrimento das series de Taylor (anos antes de facelo o propio Taylor).
Un cráter lunar foi bautizado como Gregorio na súa honra.
Publicou varios libros, dos cales os máis coñecidos son: Optica Promota en 1663, e Vera Circuli et Hyperbolae Quadratura en 1667.
Neste libro describe un tipo de telescopio reflector que acabaría por levar o seu nome: o telescopio tipo Gregory ou "gregoriano". O fundamento deste telescopio baséase no uso dun espello secundario parabólico, que elimina a aberración cromática e a aberración esférica que se producían nos telescopios de refracción. Aínda que James Gregory nunca foi quen de construír un, empezaron a fabricarse nos anos posteriores. Este tipo de telescopios hoxe en día están obsoletos, porque actualmente hai modelos máis optimizados; con todo, algúns radiotelescopios como o Arecibo seguen a usar a óptica gregoriana.
O libro tamén menciona un método para calcular a distancia entre a Terra e o Sol, empregando o tránsito de Venus. Este foi o primeiro método fiable usado para determinar o valor da unidade astronómica (AU), ata a chegada de modernos sistemas láser e radar .
Neste traballo estúdase a posibilidade de calcular a área de círculos e hipérbolas mediante series infinitas converxentes. Un ano despois, o libro sería publicado, mostrando os métodos para obter volumes de sólidos de revolución . Unha das fórmulas desenvolvidas en series infinitas converxentes que resultou de máis utilidade foi a do arcotanxente:
que anos despois John Machin empregaría para calcular o valor do número π .
Tamén se especula sobre a existencia de números transcendentes, deduce a imposibilidade de resolver o problema de cuadrar o círculo e fai contribucións aos polinomios de Taylor así como a primeira proba do teorema fundamental do cálculo integral . James Gregory tamén é o descubridor da Rede de difracción, que permite separar a luz en diferentes lonxitudes de onda.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: James Gregory |