Coordenadas: 43°32′35″N 7°01′58″O / 43.542938888889, -7.0327083333333

Ponte dos Santos
Localización
RíoRía de Ribadeo
ConcelloCastropol - Ribadeo
ProvinciaLugo - Asturias
Características
Construción1983-87
Ampliación2007-08
Lonxitude612 metros
Ancho
  • 12 m orixinalmente
  • 24,60 m trala ampliación[1]
TipoAlintelado / Reforzo de arcos de descarga
Materialformigón armado, aceiro e madeira

A ponte dos Santos, inaugurada o 29 de xullo de 1987, cruza a ría de Ribadeo, unindo Asturias e Galicia pola costa. Inicialmente foi construída para soportar a amplitude dunha estrada normal, pero no 2008 foi inaugurada (1 de outubro de 2008) a ampliación que consistiu en adecuala para un desdobramento de calzada para soportar o paso dunha autovía (A-8).

Secuencia de luces en dous faros da ría de Ribadeo: un na ponte dos Santos, á nosa esquerda e máis próximo, e outro ó comezo da enseada de Arnao (Asturias), ó fondo, a nosa dereita.

Recibe o nome polas dúas capelas que ten a ría a cada beira, a de San Román nas Figueiras (Castropol) e a de San Miguel en Ribadeo.

A actividade marítima viuse variada pola construción da ponte dos Santos, afectando á reconversión das lanchas de pasaxe para paseos turísticos ou limitando a altura dos navíos construídos nos estaleiros.[2]

Homenaxes

O 4 de maio de 2013 Correos emitiu un selo cun valor facial de dous euros coa imaxe da ponte[3].

Galería de imaxes

Notas

  1. El puente de los Santos estrena desdoblamiento. El Comercio Digital. 01/10/2008 (en castelán).
  2. España, La Nueva. "El calado de la ría y el puente de los Santos limitan los encargos". www.lne.es (en castelán). Consultado o 2019-09-27. 
  3. Sello da Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo . ribadeando.blogspot.com.es

Véxase tamén

Ligazóns externas