Picas Xénero Anthus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anthus trivialis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Alauda pratensis Linnaeus, 1758.[1] (= Anthus pratensis (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
As picas son aves paseriformes da familia dos motacílidos pertencentes ao xénero Anthus.[2]
Son paxaros de pequeno tamaño, que non superan os 20 cm de lomxitude. Son esveltos, de cola longa que gustan axitar compulsivamente de xeito semellante ao das lavandeiras do xénero Motacilla. Pasan moito tempo no aire debido principalmente a que son insectívoras. Habitan zonas abertas, e aniñan no chan. Son aves co lombo marrón e o peito e o ventre esbrancuxados, aínda que normalmente riscados. Teñen chíos característicos que emiten durante o voo.
O xénero foi descrito en 1805 polo naturalista e ornitólogo alemán Johann Matthäus Bechstein.[3]
O nome científico Anthus é un termo do latín científico tirado do grego antigo ἄνθος ánthos, "flor".[4]
No xénero recoñécense na actualidade as seguintes 26 especies:[3][5]
En Galicia existen 5 especies pertencentes á familia dos motacíllidos (Motacillidae), delas, 3 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, 2 son invernantes no país e 1 añiña localmente.[6]
Especie Autoridade, ano |
||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lacépède, 1804 |
aprox. 870.000 pp.[7] | |||||
Lacépède, 1804 |
||||||
Lesson, 1828 |
aprox. 2.190.000 pp.[7] | |||||
Lacépède, 1804 |
aprox. 1.134.000.[7] | |||||
Lacépède, 1804 |
Nota: o Atlas de vertebrados de Galicia, elaborado pola Sociedade Galega de Historia Natural, so recoñece como especies presentes en Galicia a 3 especies:[8]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pica |