Portada dunha obra de Bopearachchi | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1949 Sri Lanka |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sri Lanka Francia |
Educación | - Universidade de Kelaniya - Sorbona |
Director de tese | Jean-Marie Dentzer (en) |
Coñecido por | Estudos de numismática indogrega e grecobactriana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática oriental |
Ocupación | historiador , numismático , arqueólogo |
Influencias en | |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Doutorando | Lyce Jankowski |
Premios | |
- (1992): Gustave Mendel. - (1992): Bhagawanlal Indrajii. - (1997): Allier de Hauteroche. - (2002): Drouin. - (2006): Ordre des Palmes Académiques. - (2017): George Perrot. | |
Christie Osmund Flavian Bopearachchi, nado en Negambo, Sri Lanka, o 4 de decembro de 1949, é un numismático e historiador franco-srilankés especializado nas moedas dos reinos indogrego e grecobactriano.[1][2]
Orixinario de Sri Lanka, Bopearachchi licenciouse en Artes na Universidade de Kelaniya, no seu país natal, en 1978, e continuou a súa formación universitaria en Francia. Na Sorbona cursou estudos superiores de Lingua e Civilización Francesas, e de Historia da Arte e Arqueoloxía, nos que se graduou, respectivamente, en 1981 e 1982, e finalmente acadou o doutoramento en Historia da Arte e Arqueoloxía en 1987, cunha tese titulada Etude historique et numismatique du royaume indo-grec d'après la collection du Cabinet des Médailles de Paris. O ano seguinte accedeu á acreditación como profesor universitario e como director de investigacións nesa mesma universidade.[1][3]
En 1983, ingresou nun grupo de investigación do Centre national de la recherche scientifique (CNRS) na Escola Normal Superior de París.[4] En 1989 pasou a coordinar investigacións e en 1999 foi nomeado director de investigacións do CNRS, institución da que actualmente é director emérito.[1]
En 1991, Bopearachchi publicou un traballo detallado acerca das moedas indogregas e grecobactrianas, titulado Monnaies gréco-bactriennes et indo-grecques, catalogue raisonné, que basea as súas conclusións nunha análise pormenorizada das moedas e que axiña se converteu en obra de referencia no seu ámbito, merecedora de premios internacionais como o Gustave Mendel ou o Bhagawanlal Indrajii.[5]
Bopearachchi é profesor adxunto de Arte, Arqueoloxía e Numismática da Asia Central e do Sur, na Universidade de California en Berkeley, e profesor visitante emérito de doutoramento da Sorbona.[1][6]
Entre outras, é membro das seguintes sociedades numismáticas: American Numismatic Society (Nova York), Sociedade Numismática Polaca –Polskie Towarzystwo Numizmatyczne– (Varsovia), Hellenic Numismatic Society (Atenas), Société française de numismatique (París) e Oriental Numismatic Society (Londres).[1][6] Ademais, é membro da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, de París, desde 1997.[7]
Entre outros de diversa índole, Osmund Bopearachchi foi recoñecido cos seguintes galardóns:[1][8]
Estas son as monografías máis salientables da traxectoria académica de Osmund Bopearachchi:[11][12]