Infotaula de personaNicanor Rielo Carballo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1932 Editar o valor em Wikidata
Arcos de Frades, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de marzo de 2000 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote , etnógrafo , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsIsaac Rielo Carballo Editar o valor em Wikidata

BNE: XX823521
Placa homenaxe a Nicanor Rielo en Castro de Carballedo

Nicanor Rielo Carballo, nado en Arcos de Frades (Pol) o 22 de marzo de 1932 e finado o 13 de marzo de 2000, foi un crego, etnógrafo e escritor galego. Usou o pseudónimo R. Lenza[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Lugo, completando os estudos de Ciencias Sociais no Instituto Social León XIII de Madrid. Foi destinado como sacerdote ao Courel e moi pronto comezou a exercer de capelán nos Peares no poboado da industria hidroeléctrica. Axiña se comprometeu coa cultura da contorna e tamén representou o clero da comarca no Concilio Galego[2].

Ten colaborado con artigos en diversas publicacións, como Cuadernos de Estudios Gallegos, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, Encrucillada, Lucensia, Irimia... con artigos sobre o románico lugués, costumes, ditos, topónimos etc. Formou parte do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento e do Museo do Pobo Galego.

Na Escolma de Carballedo (1976) recolle cantigas, contos, enredos, oracións, panxoliñas, refráns e romances.

Nicanor Rielo Carballo é irmán de Isaac Rielo Carballo, tío de Pedro Rielo e cuñado de Paz Lamela Vilariño.

Obra[3]

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu". ogalego.eu. Consultado o 05/11/2018. 
  2. Vidal Estévez, Engracia (2000). "Nicanor Rielo Carballo: unha crónica e dúas lembranzas". Encrucillada: Revista galega de pensamento cristián 24 (117): 66–67. ISSN 1131-6519. 
  3. "Nicanor Rielo". Catálogo BNE. Consultado o 02/11/2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]