Nervio olfactorio
Prolongacións nerviosas que desde as fosas nasais forman en conxunto o nervio olfactorio.
Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais en inglés.
Latín nervus olfactorius
Gray: subject #196
Innervación    Sensitivo: olfacto
Proveniente de: Neuroepitelio olfactorio situado na cavidade nasal
Ramas Tractos olfactorios que ingresan no diencéfalo.
MeSH Olfactory+Nerve
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

O nervio olfactorio ou olfactivo é o primeiro par cranial. Orixínase nas células bipolares localizadas no epitelio olfactorio que recobre a maior parte do cornete superior e o teito das fosas nasais (mancha amarela). Atravesa pola lámina cribosa en feixes amielínicos (aproximadamente 20 a cada lado) rodeados por extensións dixitiformes de duramadre e aracnoide. Chegan aos glomérulos do bulbo olfactorio e a cintilla olfactoria, que sae deste. Divídese en dúas ramas, unha medial que se dirixe á área subcallosa e paraolfactoria e unha rama lateral que chega ata o uncus, na circunvolución do hipocampo. O nervio é puramente sensitivo. Cabe sinalar que dita vía, a da olfación, é a única que non pasa polo tálamo.

Percorrido no nervio olfactorio

[editar | editar a fonte]

Achamos, ante todo, na mucosa pituitaria, células especiais, células olfactorias, cunha prolongación periférica e unha prolongación central, as cales son verdadeiras células nerviosas.

Desde o punto de vista anatómico, o bulbo olfactorio componse de tres capas concéntricas: superficial, media e profunda