Na calor da noite | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | In the Heat of the Night |
Director | Norman Jewison |
Produtor | Walter Mirisch |
Guión | Stirling Silliphant |
Baseado en | novela de John Ball |
Intérpretes | Sidney Poitier Rod Steiger |
Música | Quincy Jones |
Fotografía | Haskell Wexler |
Montaxe | Hal Ashby |
Estudio | The Mirisch Corporation |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 109 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama e misterio |
Orzamento | $2 000 000[2] |
Recadación | $24 300 000[3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Na calor da noite (en inglés: In the Heat of the Night) é un filme estadounidense de drama e misterio dirixido por Norman Jewison que se estreou en 1967. Baséase na novela de John Ball In the Heat of the Night e conta a historia de Virgil Tibbs, un policía negro de Filadelfia, que se involucra nunha investigación de asasinato nunha pequena vila de Mississippi. O guión é obra de Stirling Silliphant.
O filme gañou cinco premios Oscar, incluíndo os premios de mellor filme e mellor actor. Tivo dúas secuelas, They Call Me Mister Tibbs! en 1970, e The Organization en 1971. En 1988, tamén se converteu na base dunha serie de televisión do mesmo nome. En 2002, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Estreouse en galego o 25 de febreiro de 2000 a través da TVG.[4]