Mazarico real | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Numenius arquata' (Linnaeus, 1758) |
O mazarico real,[2] ou mazarico curlí,[3] (Numenius arquata) é unha especie de ave caradriforme da familia Scolopacidae, que cría en case toda Europa, no norte e leste, en prados, zonas lamacentas, ríos, brañas, costas e estuarios.
Recoñécese de forma doada pola súa forma, cun longo pico lixeiramente curvo, e a súa voz, cun canto moi rechamante e bonito. A cor da súa plumaxe é pardo area.
O seu niño é un pequeno oco, revestido de herba, no chan. Pon catro ovos nunha única niñada, de abril a xullo.
Aliméntase de vermes, insectos, cangrexos, moluscos e estrelas de mar.
Coñécense tres subespecies de mazarico real:[4]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mazarico real |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mazarico real |