Lleu Llaw Gyffes (pronuncia galesa: [ˈɬəɨ ˈɬau ˈɡəfes], é unha figura[1] da mitoloxía galesa que aparece na cuarta póla dos Mabinogion, Math fab Mathonwy. É o equivalente do Lugh irlandés e do Lugus galo.

Mabinogion

[editar | editar a fonte]

Nacemento

[editar | editar a fonte]

Segundo o relato do Mabinogion o seu nacemento resulta dunha práctica máxica de Math sobre Arianrhod para probar a súa virxindade, pero esta falla e do seu ventre caen dous meniños, a Dylan ail Don veo todo o mundo pero ao outro Arinarhod méteo nunha cesta antes que ninguén o vexa. Máis tarde, o seu irmán Gwydion oe uns choros a rentes da súa cama e abre a cesta, descubrindo un meniño do tamaño dunha noz, ao que educa. Este nacemento interprétase como froito dunha relación incestuosa entre Arianrhod e Gwydion[2].

Maldición de Arianrhod

[editar | editar a fonte]

Gwydion preséntalle o fillo a Arinanrhod pero ela, furiosa pola vergoña do recordo da proba sobre a súa virxindade, négase a recoñecelo e mesmo a darlle un nome como se non existise e maldío cun tynged para que só ela lle poida dar nome. Gwydion non se rendeu, disfrazouse de zapateiro para que a súa irmá non o recoñecese e levou o neno canda el tamén disfrazado, o neno guíndalle unha pedra a un carrizo, dándolle na pata, entre o nervio e o óso, facendo que Arianrhod dixera: Ys llaw gyffes y medrwys y Lleu ef (O louro deulle con man hábil), o que fixo que Gwydion se descubrira afirmando, xa ten nome, Lleu Llaw Gyffes. Furiosa por esta argallada Arianrhod lánzalle outro tynged polo que só ela o poderá armar pero Gwydion discorre un novo plan para que involuntariamente Arinarhod o arme, entón ela chántalle un terceiro tynged polo que non poderá casar con muller nada dun home.

Blodeuwedd

[editar | editar a fonte]

Para eludiren o terceiro tynged Gwydion e Math crean a partir das flores de xesta, raíña dos prados e carballo a Blodeuwedd (faciana de flor) pero a muller ten un romance con Gronw Pebr e cóntalle como matar a Lleu Llaw Gyffes, este ao sentirse alcanzado por unha lanza arrebolada pola man de Gronw transfórmase en aguia. Gwydion vai na súa procura cantando unha serie de tres englyn e vólveo á súa forma humana, Gwydion e Math aténdeno na súa convalecencia ata que se recupera e pode enfrontarse con Gronw, ao que mata, Gwydion entrementres converte a Blodeuwedd nunha curuxa.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Aínda que as súas características son as dun deus, non aparece nunca explicitamente mencionado como tal: T. M. Charles-Edwards Early Irish and Welsh Kinship. Oxford University Press, 1993, páxina 177
  2. T. M. Charles-Edwards Ob. cit, páxina 177

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]