Larus smithsonianus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto no niño | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Larus smithsonianus' Coues, 1862 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Larus argentatus smithsonianus |
A Larus smithsonianus é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Antigamente considerábase a mesma especie que a gaivota arxéntea[2]. Debido ás diferenzas de plumaxe no primeiro ano e ás pequenas diferenzas xenéticas fixeron considerala unha especie diferente[2]. Os adultos son case indistinguíbeis dos adultos da arxéntea. Unicamente o tamaño lixeiramente menor e os tons máis claros das ás e das patas da Larus smithsonianus, permiten diferenciar ambas especies[2]. Porén os xuvenís de primeiro ano son moi diferentes. Xa que presentan unha plumaxe case completamente negra que os diferenza dos xuvenís da arxéntea, moito máis claros[2].
Moi estendida por toda Norteamérica. É unha especie divagante en Europa, con moitas citas nas Illas Británicas e en Francia, mais é unha rareza no resto do continente[2].