Kenning, do antigo nórdico, significa símbolo, o feito de nomear, cuxo plural nesa lingua é kenningar. Relacionado con kenna que significa coñecer, nomear cunha kenning.
A kenning é unha figura retórica usada nas producións literarias do século IX a XII dos países que hoxe son Noruega e Islandia. Ten a particularidade de nomear a cousa por unha verba que a caracteriza debido a unha anécdota (se a kenning é referente a un deus escandinavo), substituíndo a parte da cousa polo todo, ou ben simplemente facendo a asociación por contigüidade.
No Háttatal (o reconto de estrofas) de Snorri Sturluson, as kenningar divídense en tres graos. O primeiro denomínase kenning, o segundo tvíkent e o terceiro rekit. Unha kenning é a parte menor constitutiva dunha kenning. Por exemplo, pódeselle chamar á batalla "o fragor dos dardos", ou ó aire, "casa dos paxaros". Estes dous casos son kenningar sinxelas. En troques, nun tvíkent ou dobrado, úsase outra figura retórica adicional para dobrar a kenning. Así, "chama do fragor de dardos" non se lle chamará á batalla, senón á espada. Cando se continúa con máis asociacións, dise que é proseguido, ou rekit.
Deuses Heroes |
| |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lugares | Asgard · Bifröst · Fólkvangr · Ginnungagap · Hel · Jotunheim · Midgard · Muspelheim · Niflheim · Pozos · (Mímisbrunnr · Hvergelmir · Urðarbrunnr) · Valhalla · Vígríðr · Yggdrasil | |||||||
Eventos | ||||||||
Fontes | ||||||||
Sociedade | Blót · Calendario xermánico · Era viquinga · Escaldo · Félag · Heiti · Hörgr · Kenning · Números · Nīþ · Paganismo nórdico · Rituais nórdicos · Sala do hidromel · Seiðr · Völva | |||||||
Véxase tamén |