Coordenadas: 43°20′39″N 7°11′32″O / 43.344187, -7.19229
IPV | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1965 |
Localización | Avda. de Villaodrid, SN 27720 A Pontenova, Lugo Galiza |
Produtos | Camións 4x4 |
[ editar datos en Wikidata ] |
IPV (Investigación y Proyectos de Vehículos Especiales SA) foi unha marca galega de camións 4x4 con sede na Pontenova, provincia de Lugo.
A súa compañía matriz, Mafsa (Miranda, Alonso y Fernadez), comezou no 1965 coma un consorcio de tres talleres de automoción que estiveran durante anos arranxando pequenos camións 4x4 lixeiros italianos herdados da guerra civil española, e incorporándolles motores diésel.
O primeiro modelo Mafsa foi un camión de eixo estreito equipados con motores Barreiros ou Perkins. Estaban especificamente deseñados para a industria madeireira galega e foron alcumados carroceta.
Coma Mafsa non tiña distribuidores, as carrocetas vendíanse só na fábrica. Porén o éxito permitiulle a Mafsa expandirse cara a camións 4x4 multiúsos, que estaban moi demandados daquela para usos contra o lume e na construción. Foi daquela cando estableceron unha rede de distribuidores e se consolidaron coma marca, que no 1972 foi renomeada IPV.
A gama IPV medrou ata os vehículos de 270cv e 24 toneladas, namentres que os motores OEM foron substituídos por motores MAN. Tamén as cabinas foron redeseñadas e modernizadas. Tamén concibiron algúns modelos especiais coma un camión bimodal estrada-camiño de ferro e un tractor de peirao para empurrar por semi-trailers.
IPV presentou suspensión de pagos en agosto de 2006, se ben en momento ningún parou a súa produción. A empresa pechou en febreiro de 2013.[1]
Industria do motor en España | |
---|---|
Fabricantes de vehículos | |
Bicicletas e motos | |
Maquinaria | |
Compoñentes |
|
Fábricas en España | |
Compañías pechadas |