Hurtan | |
---|---|
Hurtan Albaycín T2+2 exposto no Salón Internacional do Automóbil de Barcelona 2009 | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 1991 |
Localización | Santa Fe, Granada |
Fundador | Juan Hurtado González |
Industria | Automóbil |
Na rede | |
http://www.hurtan.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hurtan Desarrollos S.L. é unha empresa española, fundada polo almeriense Juan Hurtado González, dedicada á fabricación artesanal de automóbiles en Santa Fe, Granada.
No ano 1991, Juan Hurtado González desenvolveu os primeiros bocexos e cálculos de proxección do que sería o primeiro modelo de automóbil de estilo clásico, inspirado nos modelos dos anos 40 e 50.
No ano 1992, aparece o modelo Hurtan Albaycín T2, seguido do T2+2. Os dous modelos son convertibles, de dous e catro prazas respectivamente. En 2002 traballou sobre a mecánica dun Renault Clio II e conseguiu a homologación e o permiso para a comercialización en 2004, logo de adaptarse á normativa europea en materia de seguridade e medio ambiente.
En 2015 a empresa anunciou o acordo con Jofemar Electromobility para a creación ao 50% dunha empresa para a fabricación de autos de luxo eléctricos nas antigas instalacións de Santana, en Linares (Jaén)[1].
O proceso de fabricación dura entre 5 e 6 meses. O chasis utilizado está baseado no do Renault Clio. A carrozaría está realizada en fibra de vidro. O cambio de marchas está configurado para desenvolvementos curtos. A pintura da carrocería é totalmente personalizable. Hai 4 motorizacións diferentes, que van dos 60 CV ata os 178.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hurtan |
Industria do motor en España | |
---|---|
Fabricantes de vehículos | |
Bicicletas e motos | |
Maquinaria | |
Compoñentes |
|
Fábricas en España | |
Compañías pechadas |