Herrerasaurus Rango fósil: Triásico superior~231,4 Ma | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueleto montado no Museo Field de Historia Natural. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Herrerasaurus ischigualastensis Reig, 1963 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Herrerasaurus foi un dos primeiros dinosauros. O seu nome científico en latín quere dicir "lagarto de Herrera", na honra do gandeiro que descubriu o primeiro exemplar. Tódolos fósiles coñecidos deste carnívoro foron descubertos na Formación de Ischigualasto do período Carniano (Triásico serodio segundo a Comisión Internacional sobre Estratigrafía, datado de hai 231,4 millóns de anos) no noroeste da Arxentina.[1] A especie tipo, Herrerasaurus ischigualastensis, foi descrita por Osvaldo Reig en 1963[2] e é a única especie asignada no xénero. Ischisaurus e Frenguellisaurus son sinónimos.
Durante moitos anos, a clasificación de Herrerasaurus era incerta debido a que só era coñecido por restos moi fragmentados. Xurdiron hipóteses sobre se era un terópodo basal, un sauropodomorfo basal, un saurisquio basal ou se non era un dinosauro senón un tipo de arcosauro. Porén, co descubrimento dun esqueleto case completo e unha caveira en 1988,[3][4] Herrerasaurus foi clasificado tanto como un terápodo antigo como un saurisquio antigo en cando menos cinco estudos sobre a evolución dos terópodos, con moitos investigadores tratándoo, cando menos de xeito tentativo, como o membro máis primitivo dos terópodos.[5]
É membro dos Herrerasauridae, unha familia de xéneros semellantes que se atopan entre os primeiros membros da radiación evolutiva dos dinosauros.[6][7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herrerasaurus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Herrerasaurus |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |