S. nigrum subsp. nigrum S. nigrum subsp. schultesii
A herba moura[1] (Solanum nigrum) é unha especie de planta anxiosperma do xénero Solanum, nativa de Eurasia e introducida en América, Australasia e África do Sur. As bagas maduras e follas cocidas das variedades comestibleds utilízanse como alimento nalgúns lugares, e certas partes da planta utilízanse na medicina tradicional. A taxonomía da especie é complicada e ás veces úsase o seu nome para outras especies relacionadas.[2]
A herba moura é unha planta herbácea común ou arbustiva de folla perenne e curta vida que se atopa en moitas zonas boscosas, así como en hábitats alterados. Chega a ter unha altura de 30 a 120 cm, follas de 4,0 a 7,5 cm de longo e 2 a 5 cm de ancho; ovadas ou acorazonadas, con beiras onduladas ou dentadas ; ambas as superficies poden ser peludas ou non peludas; o pecíolo é de 1 a 3 cm de longo cunha porción superior alada. As flores teñen pétalos de verdosos a branquechos, recurvados cando son vellos e rodeados de prominentes anteras amarelas. O froito é unha baga de 6 a 8 mm de diámetro, negra ou negro-purpúrea.[5] Na India vive unha variedade ou cepa con bagas vermellas cando están maduras.[6]
Ás veces confúndese S. nigrum coa planta máis tóxica Atropa belladonna (beladona), que é dun xénero diferente, aínda que tamén unha solanácea. Unha comparación dos froitos mostra que as bagas de beladona crecen en grupos, mentres que as de herba moura crecen individualmente. Ademais a beladona ten flores de pétalos púrpuras e a herba moura brancos.
O pH do solo máis axeitdo para esta planta é entre 5,5 e 6,5. En solos ricos en materia orgánica, auga e fertilidade o crecemento da planta é vigoroso; cando falta materia orgánica e é arxiloso con pobre ventilación, as raíces da planta quedan atrofiadas e o seu crecemento é feble. O crecemento é difícil en condicións de altas temperaturas e alta humidade, nas que a planta crece lentamente, os talos tenros fanse fibrosos e o produto obtido malo.[7]
Solanum nigrum é unha especie moi variable con moitas variedades e formas descritas.[8] As subespecies recoñecidas son:[3]
1. S. nigrum L. subsp. nigrum — de glabra a lixeiramente peluda con pelos non glandulares.
2. S. nigrum L. subsp. schultesii (Opiz) Wessley — densamente peluda con pelos glandulares ben patentes.
O complexo Solanum nigrum é un complexo de especies, tamén chamado Solanum L. sección Solanum , que comprende varias especies de herba moura caracterizadas pola súa falta de espiñas e pelos estrelados, as súas flores brancas e os seus froitos verdes e negros con disposición umbeliforme.[8] As especies de Solanum deste grupo poden confundirse taxonomicamente, e aínda máis ao formarse formas intermedias e hibridacións entre especies.[3] Algunhas das principais especies dentro do complexo S. nigrum son: S. nigrum, S. americanum, S. douglasii, S. opacum, S. ptychanthum, S. retroflexum, S. sarrachoides, S. scabrum e S. villosum.
Comprobáronse os niveis de solanina en S. nigrum e a planta raramente é mortal.[9]
Os síntomas de envelenamento por solanina poden aparecer cando se inxiren crus os froitos verdes inmaturos (parecidos a chícharos verdes) ou as follas maduras. Tardan en aparecer unhas 6 a 12 horas despois do seu consumo.[10] Os síntomas iniciais de toxicidade inclúen a febre, suoración, vómitos, dor abdominal, diarrea, confusión e somnolencia.[11] A morte por comer grandes cantidades desta planta orixínase por arritmia cardíaca e insuficiencia respiratoria.[11] O gando tamén se pode intoxicar por toxicidade por nitratos por pastar as follas maduras e bagas verdes desta planta.[3] Porén, no centro de España, a avetarda (Otis tarda) pode actuar como dispersora de sementes da herba moura.[12] É unha planta moi variable e advírtese que se evite comer as bagas a non ser que se saiba que é unha cepa comestible.[13] Os niveis de toxina poden tamén ser afectados polas condicións de crecemento da planta.[3] As toxinas de S. nigrum están máis concentradas nas bagas inmaturas, polo que estes froitos deberían tratarse como tóxicos.[10][11][14] Na maior partre dos casos en que se sospeite envelenamento débense ao consumo de follas ou froitos inmaturos. Hai informes etnobotánicos nos que as follas novas e talos de S. nigrum son cocidos en auga e a auga de cocción tírase e cámbiase varias veces para eliminar as toxinas.[3] A solanina non é hidrosoluble e destrúese coa cocción.[11] As follas de S. nigrum poden ser diferentes desde esta perspectiva. As follas novas cocidas do complexo Solanum sp. son unha fonte de moitos nutrientes útiles a niveis similares aos da espinaca.[15] As bagas do complexo Solanum foron comidas nos cinco continentes desde tempos antigos. [1]
Algúns usos adscritos a S. nigrum na literatura poden en realidade aplicarse a outras especies do seu complexo de especies e é esencial unha axeitada identificación da especie para usos culinarios ou medicinais (Ver sección Taxonomía).[2][8]
Esta planta ten unha longa historia de uso medicinal desde a antiga Grecia.[30][30][31] O seu uso interno perdeu o favor da herboristería occidental debido á variable química e toxicidade da planta, pero úsase topicamente para o tratamento do herpes zóster.[32][33][34][35][36] Tamén o usan os nativos hawaianos,[37] na India[38][38][38][39] e na medicina tradicional oriental[40][41]
Algúns experimentos indican que a solanina da planta inhibe o crecemento do carcinoma cervical en ratos.[42] O seu mecanismo antitumoral débese principalmente á indución de diferentes células e vías moleculares que conducen á apoptose e autofaxia e inhiben a metástase.[43][44] Reduce a xerción de especies reactivas do oxíxeno nunha liña celular humana.[45]
Solanum nigrum contén solasodina (un glicoalcaloide esteroide que se pode usar para obter 16-DPA), que se pode obter cultivando pelos da raíz da planta.[46][47]
Tamén pode ser un tratamento para a úlcera gástrica en ratos.[48][45]
A saponina Uttroside B identificouse como axente quimoterapéutico bioactivo conta o carcinoma hepatocelular, obtida do extracto metanólico de S. nigrum.[49][50][51]
A herba moura cultívase como alimento en varios continentes, como África e Norteamérica. As follas das cepas cultivadas cómense despois de cocidas.[17] Unha forma de xardín con froitos duns 1,27 cm de diámetro cultívase ocasionalmente.[52]
A herba moura pode chegar a ser unha grave mala herba para a agricultura cando compite coas colleitas.[53][54] Hai informes dela como mala herba en 61 países e con 37 tipos de colleitas. Utilízanse estensamente herbicidas para controlala en colleitas como o algodón.
↑Venkateswarlu, J; Krishna Rao, M (1971). "Inheritance of fruit colour in the Solanum nigrum complex". Proceedings of the Indian Academy of Sciences, Section B74 (3): 137–141. doi:10.1007/BF03050624.
↑Jimoh, F.O.; Adedapo, A.A; Afolayan, A.J. (2010). "Comparison of the Nutritional Value and Biological Activities of the Acetone, Methanol and Water Extracts of the Leaves of Solanum nigrum and Leonotis leonorus". Food and Chemical Toxicology48 (3): 964–71. PMID20079394. doi:10.1016/j.fct.2010.01.007.
↑Gubarev, M. I.; Enioutina, E. Y; Taylor, J. L.; Visic, D. M; Daynes, R. A (1998). "Plant‐derived glycoalkaloids protect mice against lethal infection with Salmonella typhimurium". Phytotherapy Research12 (2): 79–88. doi:10.1002/(SICI)1099-1573(199803)12:2<79::AID-PTR192>3.0.CO;2-N.
↑Jian, L; Qingwang, L; Tao, F; Kun, L (2008). "Aqueous extract of Solanum nigrum inhibit growth of cervical carcinoma (U14) via modulating immune response of tumor bearing mice and inducing apoptosis of tumor cells". Fitoterapia79 (7–8): 548–556. PMID18687388. doi:10.1016/j.fitote.2008.06.010.
↑Mohsenikia, M.; Alizadeh, A. M.; Khodayari, S.; Khodayari, H.; Karimi, A. (2013). "The protective and therapeutic effects of alpha-solanine on mice breast cancer.". European Journal of Pharmacology718 (1–3): 1–9. PMID24051269. doi:10.1016/j.ejphar.2013.09.015.
↑Wu, X. F.; Shi, H. P.; Tsang, P.; Keung, E. (2008). "Induction and in vitro culture of hairy roots of Solanum nigrum L. Var. Pauciflorum Liou and its solasodine production". Journal of Molecular Cell Biology41 (3): 183–91. PMID18630597.
↑Keeley, PE; Thullen, RJ (1991). "Biology and Control of Black Nightshade (Solanum nigrum) in Cotton (Gossypium hirsutum)". Weed Technology5 (4): 713–722. JSTOR3986881. doi:10.1017/S0890037X00033741.