Henry Fonda
Nome completoHenry Jaynes Fonda
Nacemento16 de maio de 1905
LugarGrand Island, Nebrasca Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento12 de agosto de 1982
LugarOs Ánxeles
Causacardiopatía
Nacionalidadeestadounidense
Educado enUniversidade de Minnesota e Omaha Central High School
PaiWilliam Brace Fonda
NaiElma Herberta Jaynes
Cónxuxe(s)Margaret Sullavan (1931–1932)
Frances Seymour Brokaw (1936–1950)
Susan Blanchard (1950–1956)
Alfreda Franchetti (1957–1961)
Shirlee Maye Adams (1965–1982)
FillosJane Fonda (1937–)
Peter Fonda (1940–)
Amy Fonda (1953–, adoptada)
Profesiónactor
Na rede
IMDB: nm0000020 Allocine: 793 Rottentomatoes: celebrity/henry_fonda Allmovie: p24097 TCM: 63585 Metacritic: person/henry-fonda TV.com: people/henry-fonda IBDB: 40805
Musicbrainz: 284f1144-4901-464e-a081-591c57c332ee Songkick: 2288518 Discogs: 1424293 WikiTree: Fonda-35 Find a Grave: 1730 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Henry Jaynes Fonda, máis coñecido por Henry Fonda, nado en Grand Island, Nebrasca, o 16 de maio de 1905 e finado nos Ánxeles o 12 de agosto de 1982, foi un actor de cine e teatro estadounidense. Fillo de William Brace Fonda e de Herberta Krueger Jaynes. Fonda tiña antepasados neerlandeses, sendo o apelido Fonda orixinario de Frisia, unha rexión europea que se estende dende o norte dos Países Baixos ata o noroeste de Alemaña.[1]

Era o patriarca dunha familia de actores, entre os que están os seus fillos Jane Fonda e Peter Fonda, e a súa neta Bridget Fonda.

Gañador dos premios Óscar, Globo de Ouro, BAFTA e Tony. O cineasta John Ford, cando nunha entrevista se lle preguntou que era o cine para el, contestou: "Vostede viu camiñar a Henry Fonda? Pois iso é o cine". Esta frase valería para resumir a carreira de Fonda, un deses mitos do cine que se foron forxando a base de talento puro e traballo.

Traxectoria

Henry Fonda estudou xornalismo na Universidade de Minnesota, máis abandonou o curso no segundo ano. En 1925, traballaba nunha empresa en Omaha cando foi convidado para facer un papel importante nunha produción afeccionada da Community Playhouse. Nesa época el xa impresionara co seu metro oitenta e seis centímetros. Apaixonouse polo cine e o seu primeiro papel profesional foi na película You and Me, de Philip Barry.

A súa estrea no cine americano foi en 1935, repetindo o papel que fixera no teatro na adaptación de The Farmer Takes a Wife. Nesa mesma época faise amigo doutro actor novato, James Stewart, amizade que durou ata a súa morte. En 1936, Henry casou con Frances Seymour Brokwaw, unha americana rica e divorciada con quen tivo dous fillos, os tamén actores Jane Fonda e Peter Fonda. O casamento rematou traxicamente en 1950, co suicidio de Frances despois dun colapso nervioso.

Casou outras tres veces: en decembro de 1950, con Susan Levine Blanchard, con quen adoptou unha meniña; en 1957, coa italiana Afdera Franchetti e, en 1965, con Shirlee Mae Adams, con quen estivo casado ata a súa morte.

Antes de partir para a segunda guerra mundial como contramestre de terceira clase, participou en máis de vinte filmes, algúns grandes éxitos de portelo e crítica como Jezebel, Jesse James, Ao rufar dos tambores e As uvas da ira, coa que foi nomeado ao Óscar ó mellor actor.

Henry Fonda participou nunhas 90 películas. Conseguiu un Óscar como mellor actor xa ao final da súa carreira polo seu papel en On Golden Pond en 1981, poucos meses antes de morrer a consecuencia dun cancro e dunha doenza crónica de corazón na súa casa dos Ánxeles, acompañado pola súa muller Shirlee e a súa filla Jane Fonda, que tamén participara na súa derradeira película.

Filmografía

Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego).Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre.
Henry Fonda no filme Slim
Henry Fonda no filme Jezebel.
Henry Fonda en The Lady Eve.

Premios

Óscar

Ano Categoría Película Resultado
1981 Óscar ó mellor actor On Golden Pond Gañador
1980 Óscar Honorífico Gañador
1940 Óscar ó mellor actor As uvas da ira Nomeado

Globos de Ouro

Ano Categoría Película Resultado
1981 Globo de Ouro ao mellor actor - Drama On Golden Pond Gañador
1981 Premio Cecil B. DeMille Gañador

BAFTA

Ano Categoría Película Resultado
1957 BAFTA ao mellor actor 12 Angry Men Gañador

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2008. Consultado o 25 de novembro de 2007. 

Véxase tamén