Logo da empresa Harland and Wolff

Harland and Wolff Heavy Industries Ltd., coñecida como Harland and Wolff, é unha empresa británica con sede en Belfast, Irlanda do Norte. A súa especialidade é a construción naval, creación de proxectos de enxeñaría e despedazamento de barcos. Foi no estaleiro de Harland and Wolff onde se construíron a maior parte dos barcos da White Star Line, entre os que están o RMS Titanic e os seus irmáns o RMS Olympic e o HMHS Britannic.

Historia

Traballadores saíndo da grella de Queen's Road a comezos de 1911. O RMS Titanic pódese observar ao fondo.

Harland and Wolff creouse en 1861 a mans de Edward James Harland e Gustav Wilhelm Wolff.

Tras comprar a grella de Hickson, Harland fixo do seu asistente Wolff o seu socio na empresa. Wolff era sobriño de Gustavus Schwabe, un financeiro de Hamburgo, que encargou os tres primeiros barcos á nova empresa. Harland tivo éxito no negocio grazas a varias innovacións, destacando a substitución das cubertas superiores de madeira por outras de ferro que aumentaban a forza dos barcos e aumentaba a súa capacidade.

Cando Harland finou en 1894, William James Pirrie fíxose cargo da empresa ata a súa morte en 1924. Thomas Andrews fíxose xefe do departamento de elaboración en 1907, sendo neste período cando a compañía construíu o RMS Olympic xunto co RMS Titanic e o HMHS Britannic entre 1909 e 1914.

En 1912, a compañía adquiríu outra iarda en Glasgow, Escocia. Mercou o London & Glasgow Engineering & Iron Shipbuilding Co's Middleton o Govan New Shipyards en Govan e Mackie & Thomson's Govan Old Yard.

Os anos da guerra

Durante a primeira guerra mundial, Harland and Wolff construíu monitores e cruceiros, entre os que está o HMS Glorious. En 1918 a empresa abriu un novo estaleiro na parte oriental da Canle de Musgrave, que foi nomeado o East Yard. Este estaleiro especializouse na produción masiva de buques segundo o modelo desenvolto durante a primeira guerra mundial.

A empresa iniciou unha filial subsidiaria para a fabricación de avións en 1936. O seu primeiro encargo foi o da construción de 189 bombardeiros Handley Page Hereford para a Royal Air Force.

Durante a segunda guerra mundial, o estaleiro estivo ocupado coa construción de 6 portaavións, 2 cruceiros (entre o que está o HMS Belfast) e outros 131 buques de guerra; tamén adicouse á reparación duns 22 000 barcos. O estaleiro de Queen's Island foi bombardeado pola Luftwaffe, entre abril e maio de 1941 causando danos nas instalacións de construción naval e destruíndo a factoría de avións.

Posguerra e declive

Co aumento da potencia dos avións a reacción a finais de 1950, a demanda de barcos diminuíu. Isto, sumado a competencia dos estaleiros xaponeses, provocou algunhas dificultades na industria naval británica. O último barco que a empresa botou foi o MV Arlanza para a Royal Mail Line en 1960 mentres que o último barco construído foi o SS Canberra nese mesmo ano.

Na década de 1960, o Goberno Británico iniciou a promoción dos préstamos e subvencións aos estaleiros británicos para conservar postos de traballo. Parte deste diñeiro utilizouse no financiamento da modernización do estaleiro, o que permitía a construción do barco mercante máis grande xamais construído. Porén, tras varios problemas a empresa viuse obrigada a nacionalizarse en 1977 como parte de British Shipbuilders.

A finais da década dos 90, o estaleiro pasou a formar parte do equipo aeroespacial da Royal Navy.

Reestruturación

O guindastre de Harland and Wolff en Belfast.

Ante as múltiples competencias, Harland and Wolff viuse obrigada a ampliar os seus negocios, centrándose menos na construción naval e máis no deseño e na enxeñaría estrutural, así como da reparación de barcos. Isto levou a Harland and Wolff á construción de numerosas pontes tanto no Reino Unido como en Irlanda, baseándose no éxito obtido coa súa primeira obra civil, a ponte de Foyle e outras como a restauración do Ha' Penny Bridge de Dublín.

Produción

Entre os barcos construídos por Harland and Wolff están:[1][2]

Notas

  1. Passenger lists and Emigrant ships from Norway-Heritage - Shipyard: Harland & Wolff
  2. Experience of a UK Shipyard in the 1990s Offshore Market, J. MacGregor, RINA, W272, 2001

Véxase tamén

Ligazóns externas