HMHS Britannic | |
---|---|
O Britannic como buque hospital durante a primeira guerra mundial, c.1915-1916. | |
Historial | |
Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast, Reino Unido |
Clase | Olympic |
Tipo | Transatlántico |
Operador | White Star Line Royal Navy |
Porto de rexistro | Liverpool |
Posta en grella | 30 de novembro de 1911 |
Botado | 26 de febreiro de 1914 |
Viaxe inaugural | 23 de decembro de 1915 (como barco hospital) |
Baixa | 21 de novembro de 1916 |
Destino | Afundido despois de chocar cunha mina submarina na canle de Kea (Grecia). |
Características xerais | |
Desprazamento | 53.000 t (48.158 de tonelaxe) |
Velocidade | Máxima: 23 nós |
Tripulación | 860 |
Capacidade | 675 como barco hospital, 3.300 feridos, e 489 persoas de persoal médico. Capacidade de como barco de pasaxeiros: en 1ª clase 790, en 2ª clase 836, e en 3ª clase 1530. |
O HMHS Britannic (en inglés His majesty's Hospital Ship; Barco Hospital da Súa Maxestade), foi o terceiro barco da clase Olympic da compañía White Star Line, barco irmán do Olympic e do Titanic. A súa construción estaba na etapa inicial cando levantou áncoras o Titanic na súa viaxe inaugural. Fóra construído para transportar pasaxeiros, pero foi requisado e só funcionou como transporte de tropas e buque hospital, ata que afundíu en 1916.
Ao igual que os seus dous irmáns o RMS Titanic e o RMS Olympic, o Britannic foi deseñado por Alexander Carlisle, xerente xeral de Harland and Wolff, e Thomas Andrews, xefe de departamento de construción do estaleiro. A quilla do Britannic foi posta o 30 de novembro de 1911 no esteleiro Harland and Wolff en Belfast, na mesma iarda na que se construíu o Olympic. O barco, chamado inicialmente Gigantic, foi renomeado logo como Britannic no último momento, para previr desgrazas como a do Titanic, e foi botado ao mar o 26 de febreiro de 1914. A White Star Line sempre negou que o buque ía chamarse Gigantic.
A causa do acontecido no Titanic en abril de 1912, fixéronse varios cambios ao deseño que consistiron en cubrir con dobre fondo todo o barco e aumentar o número de botes salvavidas máis do dobre usando uns grandes pescantes nos que cabían varios botes.
En agosto de 1914, meses despois da súa botadura, a primeira guerra mundial comezou e non compleráranse os interiores totalmente, foi requisado, adecuado e pintado como buque hospital, de cor branca cunha gran liña verde ao costado, e foron incorporadas unhas grandes cruces vermellas. A White Star Line anunciou que o buque levantaría áncoras na primavera de 1915 realizando a ruta Southampton - Nova York na súa viave inaugural, pero o comezo da primeira guerra mundial cambiou o destino do Britannic converténdoo en buque hospital con 3 300 camas para feridos.
O 12 de novembro de 1916, o Britannic saíu desde Southampton, capitaneado polo recoñecido capitán Charles A. Bartlett. Despois de recargar en Nápoles (Italia) o día 19 de novembro, cando cruzaba a canle de Kea (mar Exeo) no arquipélago grego, ás 08:12 da mañá do 21 de novembro tivo unha explosión causada por unha miña (tamén se di que a explosión puido ser causada por un torpedo, ou que puido ser unha explosión interna), a 4 millas ao oeste de Port St. Nikolo, illa de Kea, escorouse a estribor e afundíuse en só 55 minutos. O capitán Bartlett tentou embarrancar na illa de Kea para salvar ás persoas que transportaba o barco, pero o intento non tivo éxito e o barco empezou a afundirse máis rápido, polo que se ordenou o abandono e comezouse a arriar os botes salvavidas. Viaxaban no buque 1.125 persoas e morreron 29, a maioría cando os botes nos que ían foron succionados por unha das hélices. As máis de 1.000 persoas que sobreviviron foron rescatadas por varios barcos tras o naufraxio. O Britannic foi o barco máis grande perdido durante a primeira guerra mundial.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HMHS Britannic |
Barcos da White Star Line | ||
---|---|---|
Na actualidade | SS Nomadic (1911) | |
Non rematatos | RMS Oceanic | |
Barcos históricos | Red Jacket (1853) · Oceanic (1870) · Atlantic (1871) · Baltic (1871) · Tropic (1871) · Asiatic (1871) · Republic (1872) · Adriatic (1872) · Celtic (1872) · Traffic (1872) · Belgic (1872) · Britannic (1874) · Germanic (1875) · Arabic (1881) · Coptic (1881) · Ionic (1883) Doric (1883) · Belgic (1885) · Gaelic (1885) · Cufic (1885) · Runic (1889) · Teutonic (1889) · Majestic (1890) · Tauric (1891) · Magnetic (1891) · Naronic (1892) · Bovic (1892) · Gothic (1893) · Cevic (1894) · Pontic (1894) · Georgic (1895) · Delphic (1897) · Cymric (1898) · Afric (1899) · Medic (1899) · Persic (1899) · Oceanic · Runic (1900) · Suevic (1901) · Celtic (1901) · Athenic (1902) · Corinthic (1902) · Ionic (1903) · Cedric (1903) · Victorian (1903) · Armenian (1903) · Arabic (1903) · Romanic (1903) · Cretic (1903) · Republic (1903) · Canopic (1904) · Cufic (1904) · Baltic (1904) · Tropic (1904) · Gallic (1907) · Adriatic (1907) · Laurentic (1909) · Megantic (1909) · Zeeland (1910) · Traffic (1911) · Olympic (1911) · Belgic (1911) · Zealandic (1911) · Titanic (1912) · Ceramic (1912) · Lapland (1914) · Britannic (1914) · Belgic (1917) · Justicia (1918) · Vedic (1918) · Bardic (1919) · Gallic (1920) · Mobile (1920) · Arabic (1920) · Homeric (1920) · Haverford (1921) · Poland (1922) · Majestic (1922) · Pittsburgh (1922) · Doric (1923) · Delphic (1925) · Regina (1925) · Albertic (1927) · Calgaric (1927) · Laurentic (1927) · Britannic (1930) · Georgic (1932) |