Guillerme de Gales (nado como William Arthur Philip Louis en Londres o 21 de xuño de 1982) é o herdeiro ao trono británico, como fillo primoxénito do rei Carlos III do Reino Unido e da falecida Diana de Gales, e neto da raíña Isabel II. O príncipe Guillerme é membro da Casa de Windsor.
Foi educado en catro escolas do Reino Unido e obtivo a súa licenciatura na Universidade de St Andrews. Pasou parte do seu ano sabático en Chile, Belize e nalgúns países do continente africano. Recibiu adestramento como tenente do rexemento Blues and Royals da Cabalería Real, onde serviu xunto ao seu irmán o príncipe Harry e obtivo a súa licenza de piloto tras culminar a súa formación na academia Royal Air Force College Cranwell. En 2009, transferiuse á Real Forza Aérea (RAF) onde foi ascendido ao rango de oficial da forza aérea e completou o seu adestramento como piloto de helicóptero de procura e rescate.
Dende o día 8 de setembro de 2022, logo do falecemento da súa avoa Isabel II e a proclamación do seu pai, Carlos III, ostenta o título de príncipe de Gales, así como os de duque de Cornualla e duque de Rothesay, en Escocia, que corresponden ao herdeiro do monarca.
O 16 de novembro de 2010, Clarence House, anunciou nun comunicado de prensa que o príncipe Guillerme e a súa noiva Kate Middleton estaban comprometidos, e posteriormente confirmouse que a cerimonia levaría a cabo o 29 de abril de 2011 na Abadía de Westminster, Londres.[1] Horas antes da voda o príncipe Guillerme foi nomeado duque de Cambridge, conde de Strathearn e barón Carrickfergus.
O príncipe Xurxo de Cambridge (George Alexander Louis)[2][3][4] naceu en Londres, o 22 de xullo de 2013)[5][6], sendo o primoxénito do príncipe Guillerme de Cambridge e da súa dona, Catarina, duquesa de Cambridge. É neto do príncipe Carlos de Gales e mais da princesa Diana de Gales (falecida en 1997); e bisneto da raíña Isabel II e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Polo tanto, é o terceiro na liña de sucesión ao trono británico.
A princesa Carlota de Cambridge (Charlotte Elizabeth Diana), a segunda filla dos duques de Cambridge, naceu o 2 de maio de 2015.[7]
O príncipe Lois de Cambridge (Louis Arthur Charles), o terceiro fillo e segundo varón dos duques de Cambridge, naceu o 23 de abril de 2018.
16. Rei Xurxo I de Grecia | ||||||||||||||||
8. Príncipe André de Grecia e Dinamarca | ||||||||||||||||
17. Gran Duquesa Olga Constantinovna de Rusia | ||||||||||||||||
4. Príncipe Filipe de Grecia e Dinamarca | ||||||||||||||||
18. Príncipe Lois de Battenberg | ||||||||||||||||
9. Princesa Alicia de Battenberg | ||||||||||||||||
19. Princesa Vitoria de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
2. Carlos, Príncipe de Gales | ||||||||||||||||
20. Rei Xurxo V do Reino Unido | ||||||||||||||||
10. Rei Xurxo VI do Reino Unido | ||||||||||||||||
21. Princesa María de Teck | ||||||||||||||||
5. Raíña Isabel II do Reino Unido | ||||||||||||||||
22. Claudio Bowes-Lyon, XIV Conde de Strathmore e Kinghorne | ||||||||||||||||
11. (Lady) Elizabeth Bowes-Lyon | ||||||||||||||||
23. Cecilia Cavendish-Bentinck | ||||||||||||||||
1. Príncipe Guillerme, Duque de Cambridge | ||||||||||||||||
24. Carlos Spencer, VI Conde Spencer | ||||||||||||||||
12. Alberte Spencer, VII Conde Spencer | ||||||||||||||||
25. Margaret Baring | ||||||||||||||||
6. John Spencer, VIII Conde Spencer | ||||||||||||||||
26. Jacobo Hamilton, III Duque de Abercorn | ||||||||||||||||
13. (Lady) Cynthia Elinor Hamilton | ||||||||||||||||
27. Rosalind Cecilia Bingham | ||||||||||||||||
3. (Lady) Diana Frances Spencer | ||||||||||||||||
28. Jacobo Burke Roche, III Barón Fermoy | ||||||||||||||||
14. Mauricio Burke Roche, IV Barón Fermoy | ||||||||||||||||
29. Frances Ellen Work | ||||||||||||||||
7. Frances Ruth Burke Roche | ||||||||||||||||
30. Guillerme Smith Gill | ||||||||||||||||
15. Ruth Silvia Gill | ||||||||||||||||
31. Ruth Littlejohn | ||||||||||||||||
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guillerme de Gales |